23 de maio de 2012

“FARI” FAI CAMPIÓNS OS BENXAMINS DO CAMBADOS

UN SONO FEITO REALIDADE
Sábado 11 e media da mañán máis ou menos o benxamín A do Club Juventud de Cambados proclámase CAMPION da sua liga tras un partido intenso e moi difícil.
Un empate servíalles para acercarse moito a un título polo que loitaron dende o principio da competición, e unha victoria dáballes o título.
Comenza o partido moi ben para os pupilos de Manuel Fariña, "Fari" pois aos poucos minutos os cambadeses adiantábanse por 2 a 0 con goles de Yerai e Alejandro C.. O Umia lonxe de virse abaixo puxo o marcador igualado
a douses. 
Faltando dez minutos o Umia marcaba o terceiro  e nese intre o Cambados víase superado e caseque fundido. Un arreón a falta de 6 minutos fixo as táboas no marcador grazas a un gol de Juanjo.
O delirio chegou a falta de 3 minutos cando Anxo botou unha falta. Pola escadra, forte e ben colocada o gol supuxo a ledicia dos locais e a tristura dos visitantes. Os dous derradeiros minutos foron de nervos ante o parello do resultado.
 Unha vez que o árbitro decretou o final a festa non se fixo agardar pais, nais, irmáns, amigos todos acompañando aos campións.  
A festa foi enorme a pesares da improvisación todo saleu moi ben e os protagonistas moi contentos.
Algremonos polos rapaces pero sobre todo por Fari, que fixo un gran traballo.
Os campións, un a ún: FARI, OSCAR, ALVARO, ALEJANDRO, ALEX O, ANXO, ERIN, JUANJO,  RODRI,  RAMON, DIEGO, FERNANDO,YERAI
Nova recollida de “Cambados Xunsto”.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: