24 de maio de 2012

O CAMBADÉS NITO ROMERO, POLICIA LOCAL EN VILAGARCIA CONTINUA ESTABLE DENTRO DA GRAVIDADE

Nito Romero, o policía local, natural de San Tome,  que sufriu un accidente fortuíto ao disparárselle a súa arma regulamentaria mentres a limpaba, continúa estable dentro da gravidade. Segundo o parte médico do Hospital Montecelo, o axente continúa na Unidade de Coidados Intensivos e aínda precisa de respiración asistida. 
Os cambadeses continúan pendentes da evolución dun policía local que é moi coñecido polo seu traballo en materia de divulgación da seguridade
viaria, especialmente entre os escolares. Nito Romero é o responsable do programa que nesta materia achega o Concello de Vilagarcía,  cada ano ás aulas dos diferentes centros educativos do municipio. 
O suceso que lle mantén na UCI de Montecelo produciuse na madrugada do pasado domingo, mentres realizaba a quenda de noite xunto a outros compañeiros deste departamento municipal. O suceso conmocionou aos cambadeses e  vilagarciáns, posto que Nito é moi coñecido en ambalas dúas localidades .



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: