8 de maio de 2012

O CASO DO “PINAL DE MAZA” XA É COÑECIDO EN TODA GALICIA.

O BNG DE CAMBADOS LEVOU O TEMA O PARLAMENTO DE GALICIA
O caso do Pinal de Maza xa é coñecida en toda Galicia grazas o BNG de Cambados, que está a facer unha labor inconmensurable. Recabando datos, fotografias, testemuños, e sobre todo sendo apoiados por moita xente  anónima que os anima a seguir adiante no tema.  O Blog do BNG fainos saber que foi Bieito Lobeira foi o encargado de levar o asunto o Parlamento de Galicia xa que non esquezamos que un dos protagonistas máximos do asunto é José Canuel Cores Touris, 
ex alcalde de Cambados e Delegado da Xunta en Pontevedra. Touris brabucón como sempre o outro día sacou peito nunha rolda de prensa, mentiu coma un cosaco , e mais,  se non é certo o que di o BNG como non demanda os seus edís. Sabedes porque non o fai, porque sabe que levaria as de perder nunha investigación xudicial e o mellor non salia só este asunto a luz pública, o mellor sairian moitos mais que ten por ahí. Está claro despois das declaracións de Touris quen manda no Concello de Cambados. Luis é unha simple marioneta nas máns do “Delegado de Oubiña” politicamente falando.  Continuando co tema,  aquí tedes os escritos presentados por Bieito Lobeira no Parlamento de Galicia (preme nos mesmos para velos ampliados:  
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: