7 de maio de 2012

PESE O CONCELLO DE CAMBADOS, A MARATÓN DE OUBIÑA SUPEROU A PARTICIPACIÓN DA EDICIÓN ANTERIOR

DAMIÁN GONZÁLEZ GAÑA UN MARATÓN DE OUBIÑA CON 185 CORREDORES 
O atleta do Sixto Damián González Fernández proclamouse vencedor do XXIII Maratón Popular de Oubiña Memorial Manuel Mariño Castro que se celebrou onte na parroquia cambadesa baixo unha meteoroloxía favorable e cunha participación máis elevada do habitual nesta proba, pois nesta edición o número de corredores chegou ata os 185, o que deixou moi
satisfeitos aos membros da Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña que é a responsable da organización da carreira,  pese a que o Concello de Cambados fixo coincidir esta proba coa marcha cicloturista que sempre celebraba o primeiro de maio. E especialmente pola alta participación de corredores de Oubiña.
Damián González empregou case 38 minutos en cubrir os dez quilómetros do percorrido completando o podio da categoría absoluta masculina Miguel Daporta Méndez e Antonio Otero Uhía. a vencedora feminina foi Inma Rodríguez Ferreiro, sendo segunda Iris Soto Branco e terceira Andrea Igrexas Carballido.
Por categorías : Os tres primeiros clasificados de cada categoría por idades foron:
De 0 a 5 anos (circuíto de 1 quilómetro): Carlos Otero Mariño, Pablo González Salgueiros e Adrián Vázquez Portas en nenos e Alicia Otero Santiago, Carmen Pérez Fernández e Alicia Salgueiro Pérez en nenas.
De 6 a 8 anos (2 km.): Pablo Serantes e Brais González en nenos e Lucía Cacabelos e Laura Cores en nenas. Non houbo máis participación nesta categoría.
De 9 a 13 anos (a partir desta todas cubriron un percorrido de 5 quilómetros): Manuel Fernández, Xesús Chaves e Cibrán leal en mozos e Lara Costa, Uxía Piñeiro e Laura González en mozas.
De 14 a 19 anos: Iago Morenza Pérez, Adrián Noya Torres e Sergio Chaves Serantes en mozos e Raxa Rirky, Sandra Sobreira e Raquel Pancasas en mozas.
De 20 a 30 anos: Diego Calvete, Borja Botana e Damián Pan en homes e Mafalda Estévez, Eva María Castrelos e Alexandra Viñas en mulleres.
De 31 a 38 anos: Abraham Torres, Rafael Pintos e Carmelo Oubiña en homes e Uxía Fernández foi a única muller participante.
De 39 a 45 anos: Francisco Pazos, Roberto Fariña e Manuel González en homes e Irene Sobreira, Lucía Leiro e Ana Baulo en mulleres.
De 46 a 55 anos: José Álvarez, Guillermo Gómez e Eliodoro Aguín en homes e Marisol Latorre, Lourdes Prieto e Rosi Álvarez en mulleres.
E de 56 anos en diante: Luís García, José Dopazo e Manuel Rosales en homes e Carmen Maariño, Amelia Rodríguez e Amelia Espremáns en mulleres. Esta última, de Oubiña, foi a corredora de máis idade con 69 anos, mentres que o maior masculino foi o cambadés Antonio Costa Oubiña con 66 anos.
Nova recollida en gran  parte de Diario de Arousa.

Ningún comentario: