6 de maio de 2012

PRESENTACIÓN DO LIBRO “IRLANDA EN PLACIDO CASTRO”

Este venres 11 de Maio de 2012 ás oito da tarde, no Pazo de Torrado, en Cambados, terá lugar a presentación do volume "Irlanda en Plácido Castro", que recolle as colaboracións xornalísticas, reflexións e traducións poéticas de quen fora secretario de relacións internacionais do Partido Galeguista.
Firme valedor do renacemento céltico, Plácido Castro, ao igual que os seus coetáneos, prestou singular atención ao devir político e cultural de Irlanda, unha paixón de cultivou ata os seus últimos días.
No acto de presentación participarán:
Luís Aragunde, Alcalde de Cambados
Xavier Senín, presidente da Asociación de Tradutores Galegos
Xulio Ríos, director do IGADI e introdutor da obra
Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
O volume foi editado coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: