6 de maio de 2012

UNHA APLICACIÓN QUE FACILITA A MEMORAZACIÓN DE CÓDIGOS NÚMERICOS, OBRA DUN CAMBADÉS DE ADOPCIÓN

"A aplicación permite a unha persoa normal utilizar un método de xenios para memorizar"
"Está baseada nun sistema ideado fai 400 anos polo francés Pierre Hèrigone"
Aínda que a súa faceta máis coñecida é a de xerente da Mancomunidade do Salnés, Ramón Guinarte, e tamén coñecido por ser o home da ex concelleira do PP Anabel Carro, actualmente “exiliada” no Concello de  Vilanova de Arousa,  e segue colaborando en proxectos centrados na educación, o campo que sempre lle apaixonou e no que se formou. Dentro dese ámbito hai que enmarcar a aplicación para Apple que lanzou ao mercado unha
empresa de Cambados e en cuxo deseño traballou Guinarte. O obxectivo desta aplicación é facilitar a memorización de códigos numéricos tomando como referencia o método de Pierre Hèrigone, desenvolvido fai 400 anos.
-Como naceu este proxecto?
-Sempre estiven interesado en métodos de aprendizaxe e memorización, chegando a profundar en técnicas de estudo que se implantaron con éxito nos institutos da comarca do Salnés. Fai ano e medio aproximadamente contemplamos a posibilidade de desenvolver este sistema a través de Apple, o que lle permitía exporse a unha serie de vantaxes de comercialización moi interesantes. A idea era pór ao servizo de todo o mundo un sistema de memorización numérica que estaba sendo utilizado só polos xenios, que era o de Hèrigone.
-O curioso é ofrecer un método de fai 400 anos en soporte electrónico.
-Nesta aplicación tratouse de coller o método de memorización numérica máis avanzado, o que utilizan todos os xenios, eliminándolle as deficiencias e polo ao servizo de todos os cidadáns. Antes, para dominar o método Hèrigone eran necesarios tres ou catro meses de intenso adestramento, coa aplicación ese adestramento redúcese a tan só unha hora e ábrese o abanico a todo o mundo.
-Cal é o seu funcionamento?
-A aplicación codifica os números en imaxes moi facilmente asimilables para o cerebro, permitindo alcanzar uns niveis de memorización espectaculares. Está deseñada para poder ser utilizada tanto por un neno de sete anos como por unha persoa de 80, aínda que a recomendamos especialmente para estudantes.
-É necesaria unha aplicación destas características?.
Pensamos que se, especialmente para os estudantes, como dixen antes, pero tamén para un usuario calquera. Non en balde, cada día temos que traballar cunha infinidade de códigos numéricos como o PIN do móbil ou do cartón. Con esta aplicación poderán recordarse con facilidade.
Líder en vendas no seu segundo día
O Memorize IDi, desenvolvido pola empresa cambadesa IDi Creative, converteuse nun auténtico líder en vendas tan só 24 horas logo de saír ao mercado. A aplicación deseñada desde Cambados converteuse na máis descargada das que posúen un contido educativo, superando á máis vendida da historia, a que permite ler con maior rapidez os libros.
Deseñada en tres linguas (español, francés e inglés) non só o mercado español viuse atraído por esta nova aplicación, senón que ás poucas horas de porse no mercado, as vendas do Memorize IDi disparábanse en países como Francia, Rusia ou Italia. A empresa xa está traballando noutras catro aplicacións que serán postas a disposición dos usuarios de Apple en canto estean finalizadas.
Entrevista recollida de Faro de Vigo.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: