29 de maio de 2012

“ PICASSO NA GALERÍA BESADA ”. NO MESMO ACTO SERÁN HOMENAXEADOS GOGUE E MIGUEL BESADA

O vindeiro xoves 31 a Galería Besada inaugura unha obra de Picasso, unha acuarela que se encadra na súa etapa de maior esplendor artístico e cun forte carácter infantil.
Picasso nace en Málaga en outubro de 1881. Os seus primeiros traballos realizounos na Coruña con apenas dez anos, onde residiu durante algúns anos. Con 14 anos ingresou na Escola de Belas Artes de Barcelona, cidade onde inicia a súa etapa formativa plena.
Pacifista e comunista, recreou a obra reivindicativa máis coñecida do mundo e que se converteu nunha icona da defensa das liberdades contra os terribles sufrimentos da guerra: o “Guernica”.


Pablo Ruiz Picasso é considerado un dos mellores artistas do século XX, e a súa obra está presente en múltiples museos e coleccións de todo o mundo.
A partir das 21.00 do xoves 31 de maio na rúa Concepción Arenal 1b, a Galeria Besada convidade  a participar na presentación desta obra.
Así mesmo, e neste mesmo acto, realizaran  unha homenaxe a dous pintores locais cunha longa traxectoria artística en Galicia: “A caricaturización de Gogue fronte ao hiperrealismo de Miguel Besada”.
Decir tamén que o meco de ascedencia cambadesa "Gogue" será homenaxeado na Festa do viño tinto de Barrantes pola promulgación por parte do seu "fillo" Floreano do viño tinto. Tamén asinará na mesma festa o seu derradeiro libro "Historicas Floreanicas II".

--
Carlos Álvarez Besada
Dirección Galería Besada
638025023
www.galeriabesada.com
                            

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: