29 de maio de 2012

RECOÑOCEMENTO A ERNESTO ABAL NA FESTA DO LABREGO DE VILARIÑO. O BNG REITERA A SUA SOLICITUDE DE QUE O CENTRO CULTURAL LEVE O SEU NOME.

O pasado domingo na Festa do Labrego de Vilariño, Os Carballeriras e Os Cruceiros tiveron un emocinado recordo lembrando a figura de Ernesto Abal, bombeiro dos Faiscas,  desaparecido en xaneiro pasado nun  desgraciado accidente doméstico. Pero con todos os respetos a Os Carballeiras e Os Cruceiros,  Ernesto Abal merece moito mais que unhas simples pezas nunha festa,  merece que o seu nome se perpetuara  eternamente  tal e como solicitou xa o BNG en xaneiro
pasado  solicitando que o Centro Cultural de Vilariño leve o seu nome, solicitude que o BNG volveu a reiterar estes días , pero parece ser que como non era un home do PP, que si un home popular,  Aragunde non contempla desgrazadamente esa opción eso si Aragunde prefire facer homenaxes a fascistas (diso falaramos amplamente outro dia) que recoñecer a xente como Ernesto que dou a súa vida pola Cultura en Vilariño e Cambados.



                  

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: