29 de maio de 2012

O POLIGONO DE SETE PIAS NUN ESTADO LAMENTABEL SEGUNDO O INSTITUTO DE SEGURIDADE E SAUDE LABORAL DE GALICIA QUEN LLE DA LAMENTABLEMENTE A RAZÓN O BNG

Cantas veces temos oido e visto denuncias do BNG de Cambados, sobre o lamentabel estado do Poligono de Sete Pias, estes días o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia  veña a dar razón a esta formación politica e revela as mentiras  e trcos empregados por Luis Aragunde e Touris para decir todo o contrario.
Dinos o BNG  que o Polígono Industrial do Salnés (que comprende o de Ribadumia e o de Sete Pías en Cambados), recibe un  clamoroso suspenso do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galiza, segundo o recente  estudio sobre a situación das empresas nos parques empresariais galegos. Segundo este, o Polígono de Sete Pías  carece das infraestruturas e servizos mínimos que debería ter un polígono e  cualifica a situación xeral de mala.  A diferenza do PP, que leva anos cualificándoo coma un polígono referente na comarca; nunca máis lonxe da triste realidade.


Continua informando o Victor Caamaño que o estudo critica a falta de plans de actuación ante as emerxencias, a carencia de control de accesos e de servizos de vixilancia e seguridade ou a inexistencia de garderías.  Afirma, así mesmo, que tamén é deficiente en seguridade viaria  (carece de  sinalización de velocidade, de seguridade e  de  arcéns e pasos de peóns). Tampouco posúe  servizo de mantemento, de plan de limpeza e ten continuos cortes de luz que o concello non da solucionado (segundo o informe). Ademais os contedores son insuficientes e hai parcelas en estado de abandono, apreciándose  acumulación de lixo en diferentes puntos; unha situación que, por evidente, ven denunciando o BNG desde hai moitos anos. Por suposto que aos técnicos deste estudo se lle escapou que, un día si e outro tamén, parte dos residuos líquidos son vertidos, sen depurar, ao Río Pequeno de Oubiña.


Dinos tamén o BNG que o estudo tamén indica que a distribución de empresas non se fixo seguindo un plan de ordenación definido.  Pois claro que non se fixo segundo un plan definido, senón que o criterio para construír  o Polígono de Sete Pías foi principalmente  especulativo. Fíxose pensando en beneficiar a uns cantos amigos do PP que compraron as parcelas a prezo de saldo e as revenderon a prezo de ouro ou as alugaron coa conivencia do PP. O PP xamais se plantexou que a prioridade do  polígono deberían ser as empresas  que realmente necesitaban solo industrial a baixo prezo e cos servizos e infraestruturas necesarias. Tampouco pensaron nos postos de traballo que darían estas empresas e así hoxe, Cambados, ten case 1.700 parados e paradas que están a pagar a penosa xestión do PP, e non soamente en Madrid ou Santiago, senón tamén en Cambados.


Por ultimo o BNG laiase e dinos que tristemente o  estudo do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galiza, sobre o Polígono de Sete Pías ven de dar a razón, unha vez máis, ao BNG aínda que, neste caso, houbera sido preferible que non fora así. Porque o BNG houbera desexado non ter a razón e que os beneficiados, actualmente co polígono industrial, foran os veciños e veciñas de Cambados e non os amigos do PP.
Por certos dos famosos 1000 postos de traballo apenas quen unha centena.



                               

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: