28 de maio de 2012

VECIÑOS CERCANOS A RUA RODAS DE FEFIÑANS CONVOCAN UNHA ASEMBLEA VECIÑAL

EN AGOSTO PASADO O BNG XA DENUNCIABA QUE NON SE TIÑA EN CONTA A OPINIÓN DOS VECIÑOS.
Estes días podemonos atopar nas cercanias da Praza de Rodas de Fefiñans letreiros como o da foto que ilustra a nova convocando a todos os veciños de Fefiñans e principaalmente os  mais afectados pola peonalización da Praza de Rodas para unha reunión que se vai celebrar na propia Praza o vindeiro xoves 31 de maio ás 21 horas.  Como lembraremos todos o pasado verán o Concello puxo uns bancos na praza
convertindo en peonil coa forte oposicións dos veciños , algúns deles incluso sairon protestando no programa “La Opinión” de Radio Pontevedra.

Aragunde tomou a decisión dictatorial sen contar cos veciños para nada. Nembrgantes o BNG sacou unha nota de prensa que tamén publicou no seu blog na que non entendia como Aragunde esgrimeu os argumentos contrarios para non peonalizar a Praza de Fefiñans, decia o BNG concretamente nesa nota:  


“””Na proposta de facer peonil esta praza (referiase a de Fefiñans), a función do alcalde é, cos múltiples exemplos que existen na actualidade, facerlles ver a hostaleiros e comerciantes que eles serán os primeiros beneficiarios da peonalización. A  maior afluencia de visitantes significará un maior volume de negocio para o comercio da zona. Neste punto é onde erra Luís Aragunde ao aceptar que a peonalización prexudicará á hostalería e o comercio. O alcalde debe ser o máximo valedor desta proposta pois redundará nun maior beneficio turístico e económico para Cambados.



Pola contra o concello peonalizou, este verán, a Praza das Rodas para beneficiar á hostalería do lugar, utilizando o argumento que non aplica para a  Praza de Fefiñáns. Ademais na actuación da Praza das Rodas non tivo en conta aos veciños e veciñas que non poden chegar cos vehículos ás súas vivendas; problemática que non se daría  na Praza de Fefiñáns. Está claro que Aragunde utiliza os argumentos segundo lle convén en cada caso"".                           

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario: