O vindeiro sábado día 12 de maio ás 20 horas terá lugar a presentación do libro “La Leyenda de Fukaeri” do escritor cambadés Antonio Lorenzo Goméz Charlín, na Biblioteca Municipal sita na casa de Fraga, A presentación correrá a cargo do Biblietecario Municipal, escritor, ensaista, autor teatral o polifácetico Luis Rei, tamén falará o propio autor da obra.
Din os que leron o libro que este é atractivo, chispeante, divertido. "La Leyenda de Fukaeri" lese bastante ben, Antonio xoga con distante ironía cos xéneros, e sabe darlle a volta como un calcetín. O libro está escrito con ganas de ser escrito. E esas ganas mantéñense cun eficaz tempo ao longo deste “thriller crepuscular e existencialista”. Hai que mergullarse nesta extravagante aventura é que se deixen atrapar nela sen mapas nin compases. O texto mestura aparente realidade con ficción.
A lenda de Fukaeri, que conta cunha boa portada , masticase ben e déixase ler. O libro foi presentado anteriormente o día 23/03/2012 na Librería Barbara de Los Cristianos-Tenerife, onde normalmente reside o cambadés Gómez Charlin. Se non erramos coidamos que esta xa é o quinto libro de Antonio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario