9 de maio de 2012

O CAMBADÉS XAN GALBÁN COCIÑEIRO DE ACTUALIDADE

Fai uns días Xan e o restaurante onde traballa o “Maria Castaña” de Santiago de Compostela, o cal aconsello por certo ir a visitar e comer nel (se hai sitio), foi protagonista dun espazo da Sexta que se chama “Bares que lugares”, que non vos podemos amosar porque a candena ainda non colgou o enlace nin poidemos gravar as imaxes, pero foi un espazo duns nove minutos. Xan estes días estivo en Cambados  e ofreceu unha clase de cociña ecolóxica,  a actividade desenvolveuse no instituto
Ramón Cabanillas. Xan Galbán volveu ao instituto Ramón Cabanillas, onde estudase o antigo BUP, agora como mestre de cociña. Acudiu invitado polo centro para impartir unha clase de cociña ecolóxica a alumnos da ESO, dentro das actividades que promove o departamento de normalización lingüística. Xan Galbán conxugou receitas tan orixinais como unha ensalada de chocolote con anécdotas e recordos do seu època de estudante. 



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: