27 de xuño de 2012

LUIS ARAGUNDE PERDEU OS NERVIOS NO PLENO DA ESTATUA DE FRAGA.

Evidentemente o tema estrela do pleno de onte era a moción presentada polo BNG sobre a polemica construcción dunha estatua o dictador fascista Manuel Fraga Iribarne, o pleno despertou espectación mediática non así da xente de Cambados que acudiron nun número aproximado de trinta persoas, de todos os xeitos  de xeito perspicaz
personal do concello retirou duas filas de cadeiras  antes do pleno non sabemos por qué. Luis Aragunde amosouse moi nervoso neste pleno el e mais os seus secuaces  que tamén estaban moi nervosos, pero estes merecen capitulo aparte porque foi lamentabel o seu comportamento. 
O fondo pódese ver a Jose Juan voceiro do PP, aplaudindo a Victor ironicamente, nun claro xesto de mala educación

Aragunde cada vez quita do peto unha invención, desta vez rematou o pleno dicindo que a estatua de Fraga foi solicitada polos “VITICULTORES DO SALNES” que é tanto como dicir que a pideu o todo o Salnes,  por que quen   no Salnés foi algunha vez a vindimiar,  esto xa o convirte a ún en viticultor. Luis tamén dixo que o concello non encargou ningunha escultura, mentira a que xa nos ten acostumados Luis,  pois Victor Caamaño falou personalmente co escultor Lucas Miguez e este personalmente lle dixo que a escultura encargoulla o concello e concretamente Luis Aragunde. Despois Luis tivo a osadia, hai que ser gili…, de dicir que xente afin a esquerda lle dixo que vian ben a escultura a Fraga, tamén negou que Touris , Rosa Oubiña e Louzan visitaran o taller do escultor chamandolle así trampons os de Faro de Vigo xa que foron eles os  que publicaron esa nova o 8 de xuño de 2012. Rematou Luis Aragunde dicindo que non ia dicir que son as persoas do sector do viño que queren a estatua a Fraga, pero non por ningunha razón en concreto senón porque simplemente non existen.

Isabel e Juan José Juan José e Isabel, tanto monta monta tanto, a educación non é o seu forte.

Polo  contrario o discurso de Victor foi racional, educado, consistente, razonado, e foi que puxo primeiro nervoso o Alcalde Luis Aragunde e logo  o resto dos  seus secuazes os cales amosaron xestos de maleducación patentes dos que todos os asistentes nos demos conta, empezando primeiro polo voceiro ocasional  José Juan Cores Chaves, que nun xesto de maleducación e nerviosismo aplaudeu ironicamente o a contestación de Victor a Aragunde por certo este nin siquera lle chamou a atención, despois tamén poidemos ver os risas e cuchicheos constantes de Isabel Varela e xestos de burla hacia Victor Caamaño e por último poidemos ver  como sen cortarse un pelo outro innombrable,  cajetilla en man sale a fumar un pitillo en pleno discurso de Victor  Caamaño. En fin lamentabel a actitude  dos concelleiros do equipo de goberno que pensando que tendo a maioria teñen dereito de pernada para burlarse dos cambadeses, así é como entenden a democracia estes individuos “Reirse  del pueblo, por el pueblo”.
Estes do PP están acostumados a mercar de todo, pero no tema da educación teñen un inconvinte, é que a educación non se vende.




INTERVENCION DE ARAGUNDE


REPLICA DE VICTOR


REPLICA DE FATIMA ABAL


GRAZAS A www.cambados.tk polas imaxes.


A NOVA EN FARO DE VIGO
A NOVA EN TELE SALNES                            
 A VOZ DE GALICIA NON CONSIDEROU NECESARIO COLGAR A NOVA NA WEB
A NOVA EN DIARIO DE AROUSA:
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.




Ningún comentario: