28 de xuño de 2012

TINO PARDO, UN MESTRE “CON MAIÚSCULAS”

Está claro que non todo o que nace en Vilalba e malo, non todos son Roucos ou Fragas, deste vila é o protagonista deste artigo Tino Pardo López, un mestre “con maiúsculas” Non estou entre os afortunados que gozan da súa amizade persoal pero si o coñezo e trato  a el e a súa dona Eulalia e son dúas persoas destas que eu defino “boas e xenerosas”, que merecen un capitulo aparte na nosa sociedade. Tino Pardo, vilalvés de nacemento e cambadés de adopción chegou a nosa vila  ala pola ano 1979, despois  de traballar duramente nos asteleiros, sacar a oposición de mestre, foi destinado para Barcelona onde coñeceu a Eulalia e casou.   Casualidades da vida, chega a Cambados o mesmo tempo que un
tal Dominguez quen non dou lata nin nada  este en Cambados. Os dous xa se coñecían de Lugo e atopáronse onde agora está Mont Blanc, que daquela aínda debía estar o cine vello e resulta que estaban a buscar piso en Cambados, e os primeiros anos viviron  no mesmo edificio. Tino comezou a traballar como mestre en Oubiña, anos mais tarde trasladaríase  ó colexio de Santo Tome onde  volveu a coincidir co tal Dominguez e outros mestres  amigos como Mon, Adela Leiro, Juan Maceira, Adela Ibañez e tantos outros. 
Tino visto por Mon
O ensino perde todo un baluarte , perde un home traballador, íntegro, comprometido, consecuente, un mestre  deses que enche un a boca e o peito cando falas deles, un mestre que deixa pegada no alumnado, diciame mais de un mestre do colexio de Santo Tome que  Tino era un excelente compañeiro. Teño a inmensa sorte  de contar entre os meus amigos con algúns mestres e aparte de agrandar os meus  coñecementos  simplemente charlando con eles , sei que son persoas que dan o callo e comprometidas e Tino e un deses casos porque non só traballaba na colexio tamén traballaba para o colexio na súa casa, cantas noites ten pasado Dominguez en vela porque Tino poñíase a traballar ca vietnamita, que non era unha tipa, senón que era un especie de impresora que facía un ruído que nin  Deus, pero Tino tiña o traballo feito cando o día seguinte chegaba o colexio para repartir os impresos entre os seus alumnos. Di o tópico que detrás dun gran home hai unha gran muller, neste caso non é certo pois Eulalia non está detrás de Tino sempre está o seu carón e non é unha gran muller é unha excelente muller e mellor profesional e sobre todo danos todos os días exemplo os galegos de como unha catalana pode amar e falar o galego como ela o fai. Tino e Eulalia están sempre tamén arroupados polos seus fillos Oscar, Irene e Xandre e agora pola sua neta. Por si isto fora pouco Tino é un home comprometido co seu país que tamén arrimou o ombreiro traballando pola súa terra cando había que facelo. Os seus amigos e colegas do Colexio de Santo Tome onde tamén exerceu como director e outros mestres doutros centros déronlle unha merecida despedida nun restaurante da nosa vila e incluso lle adicaron unha cantiga que titularon o “Caneco de Tino” e di así:
Traballou nos astelerios,
Aprobou a oposición,
E marcho para Barselona
E ali fou onde casou.
Lojo veu para Cambados
Traballar en Oubiña,
E despois de ter un neno
Apareceulles a meniña.
A merlusa é redonda
A carne vai co oso:
Deixate de parvadas
E non me poñas risoto.
Empesou a navejare
E mercou un borlán
Cambiouno por unha dorna
Que acabou por relajare.
No papel de directore
Non o fixo nada mal:
Eulalia mercaba roupa
Que el non quixo estrenare.
A merlusa é redonda
A carne vai co oso:
Deixate de parvadas
E non me poñas risoto.
Pensando que era bedel,
Un dia en diresión
Prejuntouche un paisano:
Onde está o director?
Celestino Pardo López
Erache bo profesore:
Un levaba boas notas
Se  lle daba un xamón
O problema era o transporte
Para lévalo para a casa:
Menos mal que a bicicleta
Non che era monoplaza.
A merlusa é redonda
A carne vai co oso:
Deixate de parvadas
E non me poñas risoto.
A torre defende a dama
O Alfil defende ó rei:
Como é bo xedrcista
Tino sabe toda a lei.
Según a norma vixente,
Con moita lejalidade
Escribimos esta letra
Contando toda a verdade.
A merlusa é redonda
A carne vai co oso:
Deixate de parvadas
E non me poñas risoto.

                            
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

eu son un deses afortunados que tivo a tino como profesor, e podo dicir que para min foi coma un pai, estivo ahi nos anos mais dificiles da miña vida e e para min un exemplo de persona.

Anónimo dixo...

Hola

Desde que entrei no colexio de Santo Tomé acórdome del.E deso fai moitiiiiiísimos anos!!!! Non me deu clase pero sempre oín boas palabras del.
Alégrome de que teña un merecido homenaxe.

Un saúdo