19 de xuño de 2012

“OS DO PP NON NECESITAN LICENCIA MUNICIPAL PARA OBRAR”.

O VALEDOR DO POBO ADMITE A TRÁMITE A DENUNCIA DO BNG
Nun artigo publicado no blog do BNG  titulado “Luis Aragunde: Cara amable por diante, antidemócrata por detrás.” Ven a definir o xa denominado noso “caciquil” alcalde como o que é realmente é un verdadeiro “antidemocrata”, a foto que collemos do blog do BNG define claramente quen é o noso alcalde,  e o
BNG amosa con feitos e dinos nese artigo  que precisamente onte, día 18 de xuño, o BNG, ven de recibir a confirmación  de que o Valedor do Pobo admite a demanda  sobre o retraso na entrega  das actas da Xunta de Goberno Local por parte do PP.  Recórdese  que ditas actas deberían ser entregadas nun prazo máximo de 10 días aos grupos da oposición e, a día de hoxe, a  última acta recibida correspóndese co día 30 de xaneiro. Así mesmo, o BNG reitera que este retraso  é unha estratexia meramente política na que o PP  está tentando de que  non dispoñamos  da información sobre os acordos que toma a Xunta de Goberno do PP, pois neles deben aparecer asuntos dos que  levamos  tempo  preguntando sen recibir as respostas solicitadas.
Segue e dicir o BNG que no concello de Cambados estase a dar unha situación na que o alcalde está a ter un comportamento totalmente antidemocrático. Está a ocultar información e impedindo que o BNG poida acceder á documentación que debe estar ao seu alcance. E isto estao a facer o alcalde do PP sen importarlle  o incumprir descaradamente a normativa vixente. Recordemos, así mesmo, que a día de hoxe e despois de habelo solicitado dúas veces por escrito (a primeira vez o día  25 de maio) o alcalde aínda non respondeu  ás solicitudes do BNG para consultar os dous expedientes sobre a plantación ilegal de albariño do “Pinal de Maza”, cando a normativa vixente dalle  un prazo máximo de cinco días para facelo.
Remata dicindo o BNG que  con este comportamento, Luís Aragunde, está demostrando que xestiona o concello de Cambados cunha total falta de transparencia (oculta información e impide o acceso a ela), de forma totalmente antidemocrática (incumpre a lexislación a sabendas de que o fai) e actuando claramente de xeito partidista (os do PP non necesitan licenza municipal para obrar e, de xeito unilateral, decide facer unha escultura ao seu patrono “Don Manuel”).



Ningún comentario: