19 de xuño de 2012

POR FIN VAISE DEBATER NUN PLENO O DA POLEMICA ESTATUA DE FRAGA, GRAZAS O BNG

Por fin en sede institucional vaise tratar o tema da polemica estatua de Fraga, e grazas o BNG de Cambados, así no lo fai saber no seu blog,  vai ser no vindeiro pleno municipal do cal informaremos dia e hora en breve. o voceiro do BNG de Cambados Víctor Caamaño Rivas,  ven de presentar unha MOCIÓN EN CONTRA DA
CONSTRUCIÓN DUNHA ESCULTURA DE FRAGA 
O voceiro do BNG  dinos que hai menos dun mes eran coñecedores “a través dos xornais” de que o concello de Cambados tina encargada unha escultura de bronce, a tamaño natural, de Manuel Fraga. Na citada información, aínda que non se apuntaba o custo real de dita escultura, dicíase que a obra sería realizada polo escultor Lucas Míguez. Nos días consecutivos a esta primeira noticia, conforme a critica social a este feito foi crecendo, puido lerse nos xornais informacións diferentes e contraditorias, saídas do concello, sobre cal sería a posible fonte de fínanciamento da citada obra escultórica.
Segue a dicir o BNG  que desde o coñeecemento inicial da noticia o posicionamento do BNG con respecto a este asunto foi claro e definiuse, desde o principio, por estar en contra desta proposta do concello de Cambados. A razón da nsua postura basase, principalmente, na natureza da figura do homenaxeado, pois consideran que se trata dun personaxe intimamente ligado ao réxime ditatorial franquista; un modelo político do que xamais renegou ou criticou. independentemente de que na traxectoria política de Fraga haxa diferentes méritos, dos cales discrepan as diferentes forzas políticas, está claro que é un personaxe que non se pode desligar do último período do réxime de Franco; razón pola que se pode considerar que se trata dunha figura política controvertida e que e que non levanta un mínimo consenso nin entre galegos nin entre cambadeses.
 O BNG insiste en que para instalar unha estatua en honor de Manuel Fraga, en Cambados, debería existir previamente un consenso absoluto entre todos os representantes políticos do noso concello, como todos sabemos que sucedeu en casos anteriores (Cabanillas ou Asorey) que non crearon ningún tipo de polémica. 
Remata pedindo o coñecido portavos do BNG que o concello de Cambados non promova nin aporte cantidade económica algunha para sufragar a construción dunha escultura de Manuel Fraga. Asemade, que non permita a instalación, en espazo público do noso concello, da citada escultura independentemente da orixe da fonte de fínanciamento desta obra.
¡¡¡TODOS DEBEMOS IR A ESE PLENO!!!
                              
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

1 comentario:

Unknown dixo...

Dademe un día e unha hora e estou nese pleno como un clavo.