20 de xuño de 2012

"A VIGA, UN VALOR EN ALZA", UN ARTIGO DE MARTIN COBAS.

Pulidos e brillantes parquets, onde hospédanse desapiadados mercados de valores, traficando impugnemente, sen ningunha clase de control coa fame e dignidade de tanta abnegada xente. 
Ibex, Dauyons, wuolextric, nikey. Pozos sen fondo de mortíferas areas movedizas, irremediábel paso obrigatorio e migratorio
dá inmensa maioría de gobernos escravos de depredadoras axencias  -por riba do ben e do mal-. asignando e retirando calificacións de risco, triplos AAA, bonos lixo e cancerixenas débedas que resquebraxan a diginidade do ser humano. 
Países enteiros secuestrados nas impugnes bolsas onde os nosos cartos en estado de fermosa liquidez se evaporan como por arte de maxestosa maxia ou estado gasoso, semellando volátiles nubes arroladas ou seu antollo polos intempestivos ventos dá frívola especulación. 
Sospeitosas nacións  afogándose nos revoltos mares dás infames finanzas, vagando a deriva sen rumbo fixo en busca dunha enganosa radio baliza que vos "rescate", se cadra para afundilos mais. 
Afortunadamente para nós, os que mamamos intempestivas xornadas diarias de traballo "sempre nos queda a viga", emerxente valor en alza onde os miles de brigadas de especuladores de roñentos valores, moi ou seu pesar, nunca poderán entrar. 
“As Vigas” sempre foron e seguirán sendo verdadeiras entidades financiarías dignas de fiar, semellan limpos paraísos fiscais personalizados onde se gardan pequenas cantidades de diñeiro exento de fiscalidade algunha, inmune tamén o cancro de calquera odiosa comisión, cartos a prazo fixo o tempo que ti queiras, con manantial de liquidez as vintecatro horas do día, incluídos sábados e domingos e festas de gardar. 
Esta simpar entidade, xamais che dará intereses ,iso si,  pero tampouco chos saca, non hai que asinar papelorio algún que conteña dubidosa letra pequena, todas as operacións financieiras se fan ou socairo dá infalíbel tecnoloxía do pensamento, sen persoas ou inmobles materiais que che avalen, protección de datos persoais a un cento por cen, e ou mais importante só cotiza na infalibel bolsa que ti os gardes. 
Que bos xestores eras os nosos abós, sempre traballaron coa “viga”, prestixiosa entidade financieira onde as haxa, xamais perderon un peso, nin quixeron fianza.
MARTIN COBAS, TROVADOR DOUTRO SÉCULO.
                              
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: