26 de xul. de 2012

A VERDADEIRA HISTORIA DUN TREPA, MAMPORRERO E VIVIDOR. RAFAEL LOUZAN

Estes días puidemos ver en varios medios de prensa da capital como un individuo de Ribadumia a sazón presidente da deputación D. Rafael Louzán Abal alias “O Rabiso” para os veciños e amigos de Ribadumia, liabase a descalificar os politicos do bipartido de Pontevedra, el precisamente, un verdadeiro trepa da politica, pero imos desenmascarar a este
 “vividor” parasito da politica galega dos derradeiros vinte anos. Pero non vou ser eu personalmente quen comence  falando da historia desta Drácula politico, senón que recollendo  un artigo publicado no numero 52 do periódico dixital Novas de Galiza de data 15 de Abril de 2007, o cal define perfectamente a este individuo cun titular que dicia:
      “Apadriñado por un contrabandista”
      O presidente  da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, naceu en Ribadumia en 1967, onde comezou a traballar aos 17 anos para o Concello  naquela altura gobernada polo contrabandista José Ramón Barral, 'Nené', quen o apadriñou, o que lle serviu para conseguir un posto de bedel no Concello. O posto  foi obtido de forma irregular, pois o actual presidente da Deputación nin tan sequer cumpria o requisito básico de ter o graduado escolar. Fontes consultadas por este periódico aseguran que o director do estabelecemento de ensino onde estudara aceitou asinar un documento a atestar que Louzán acabara a Primaria. Precisamente, a súa situación de "funcionario en excedencia" provén de ter deixado ese posto en Ribadumia para exercer a política de forma activa. Os contactos de 'Nené' serviran para Louzán medrar politicamente. 
En  1995 é candidato polas listas do PP ó concello de Ribadumia, vindo a ser nomeado tenente de alcaide. Logo é promovido por 'Nené' para a Deputación  de Pontevedra e en 1996 asume unha das vicepresidencias do órgano provincial, posto que mantén até acadar a presidencia en 2003. Os contactos de 'Nené' valeranlle aínda para o mundo empresarial, pois non tardou a relacionarse con adegas subsidiadas pola Xunta do PP e con outros proxectos empresariais. Tamén se especializaría en  asesorar os veciños na xestión dos subsidios da Consellaría de Agricultura para a instalación de invernadoiros, unha axuda vocacional que segundo fontes consultadas por este periódico na verdade agochaban unha forma de negocio inflando as cifras para ficar cunha porcentaxe. Andando o tempo, Louzán utilizaría eses contactos para defenestrar o seu padriño político, 'Nene', toda a vez e o ex-rexidor de Ribadumia estaba a ser investigado por contrabando. Gracias a unha política de ambigüidade con Feijoo e Cuíña -recabando votos para o primeiro e manténdose na equidistancia co segundo-, Louzán conseguiu manter e reforzar a súa posición como Barón provincial, amparado polo actual líder do PP galego e tamén polo responsabel español, Mariano Rajoy."

Como vedes Louzán cumpleu aquela máxima  que di “Cria corvos e quitaranche os ollos”. Non tivo piedade ningunha co seu mentor  Nene grazas a el hoxe O Rabiso é un dos homes mais ricos da provincia de Pontevedra. Tamén sabe Louzán nadar e gardar a ropua xa que cando foi o congreso para elección Secretario Xeral do PP en Galicia non se definiu claramente nin a favor de Feijoo nin de Cuiña. O peridista da Voz de Galicia Julio Fariñas publicaba neste medio o 16 de maio de 2001 “Rafael Louzán Abal, presidente do Partido Popular en Pontevedra, vicepresidente da Deputación, tenente alcalde de Ribadumia e home de confianza de José Ramón Barral Martínez, formou parte durante tres anos do consello de administración dunha empresa do presunto contrabandista…”
De ser socios e íntimos amigos a  relación entre o Rabiso e Nene acabou tan mal que este terminou querellandose contra Louzan e así o publicaba A Voz de Galicia o día 3 de marzo do 2005.
Louzán e Nidia
O  “Rabiso” non perde un intre e comeza a facerse rico o mesmo periodico dixital Novas Galiza publicaba no mesmo número que varias empresas relacionadas con Louzán foron beneficiadas tamén com diñeiro europeu  rexido  a través da instituicion provincial pola sua responsabel de programas sociais, Nidia Arévalo, candidata do PP ó concello  de Mós e a quen se relacionaba sentimentalmente con Louzán.. Según dito periódico Louzan crea un entramado de testaferros  que comeza por unha persoa próxima a él, Óscar Miniño Otero –tamén administrador da Adegas Agnus Dei-, en canto que a segunda foi criada polo seu chofer persoal, Marcos Galiñanes -sen enbargo o administrador oficial é un tío do motorista. 
Panfleto que se publico por Ribadumia
Precisamente, familiares de Marcos Galiñanes tamén figuran como administradores da Obras y Construcciones Fontefria. Outra empresa que tamén mantivo boas relacións coma o organismo provincial foi a Silvanus  domiciliada en Cambados, nun apartamento propiedade de Louzán sito na Rua Carballeira, recibeu importantes subsidios da Deputación e Consellaría da Agricultura daquela. Podiamos citar empresas tales como Construcciones Sisán e Pavimentos de Meaño, ou Otero forestal S.L. entre outras. 
 Hoxeendia os negocios de Louzán son innumerables o seu poder é omnimodo, as comisións de dubidosa legalidade que cobra nin se saben,  e non ten piedade de quen se lle pon diante senón que llo pregunten o veciño e funcionario do Concello  de Ribadumia Edelmiro Lede a quen Louzan non dubidou en expropiarlle ilegalmente, segundo o Tribunal Superior,  uns terreos sendo condenado posteriormente polo mentado  Tribunal Superior a indemnizar a este veciño, que non se plegou os seus caprichos xa que non era da súa corda politica, o pago de 50.000 euros. Edelmiro dixo que Louzan quixo vengarse politicamente del, pero non foi capaz. Edelmiro segue a ser  “puteado” de vez en cando no seu concello. Isto saue publicado no Faro de Vigo.

E que dicir do enchufismo na deputación onde mete dixitalmente a toda clase de familiares e veciños do concello de Ribadumia ata tivo que chegar a suspender de emprego a un primo da súa ex muller misturado nun asunto de drogas. Un escándalo destapado polo periodico El Pais publicado o 8 de Abril de 2007, onde se publican con nomes e apelidos varios dos enchufados da deputación de Pontevedra,

Con esta vagaxe politica, e outras moitas que non se pode dicir polo de agora  que son verdadeiros escándalos, este trepa ten o morro de criticar e insultar a duos politicos da altura de Louro ou de Vará. Vergoña lle debia de dar a este sátrapa da politica e despois temos que escoitar o noso alcalde que o BNG insulta. A ver se dunha vez por todas anticorrupción entra a saco na Deputación Provincial , que traballo ian a ter dabondo. Louzan ti precisamente non estás capacitado para dar leccións de ética e de moral a ninguén nin moito menos insultar a nadie (pensa o ladrón que todos son da súa condición), nin ti nin ninguen do teu partido.


A primeira foto foi recollida de http://piratadosalnes.wordpress.com/

Si queres ver baillar a  Louzan preme en http://www.youtube.com/user/piratadosalnes

1 comentario:

Anónimo dixo...

haber cando a ley fay o que debería de facer que nunca o fay. e actúa de oficio contra esta clase de individuos que se sirven da política para facerse ricos e non importa un carallo os cidadans que traballan honradamente un feixe de horas para pagar os impuestos dos que el abusa
había que poñelo a sombriña haber si ten boliñas e di o que se dedicaba cando era amigo de nene o cal non traicinou nin un pouquiño cando veu que caía. (O quinto)