24 de xul. de 2012

'EASY MONEY' PELICULA DO CAMBADÉS MATIAS PADIN ESTREASE EN EEUU DA MAN DE SCORSESE

Hoxe falámosvos dunha película que xa foi estreada no ano 2010 no seu país de orixe, en 2011 en España e que este verán preséntase nos cines estadounidenses tras dous anos da súa primeira estrea mundial. Falamos dun filme polo que se
interesaron o prestixioso director Martin Scorsese e a infalible no último tempo The Weinstein Company. Ambos apadriñan en EEUU "Diñeiro fácil" ("Easy money") do cineasta sueco Daniél Espiñenta ("Safe house"). Baseada nun best-seller, esta película sueca é un thriller de crime que se enmarca no mundo dos privilexiados adiñeirados e no mundo dos suburbios. 
O suspense e o drama van da man cun soberbio protagonista interpretado polo tamén sueco Joel Kinnaman ("The Killing"). A trama trasládanos inicialmente aos baixos fondos de Estocolmo (Suecia), un lugar do que procede un estudante de clase baixa chamado JW(Kinnaman). Este namórase dunha sexy e rica herdeira mentres vive unha dobre vidamezclándose agora coa elite enriquecida de Estocolmo. Para manter as aparencias e seguir con esta situación o mozo convértese en traficante de drogas. Desde ese momento a súa vida estará en perigo e ligada á de dous homes: Jorge (un fugitivo que foxe da mafiay a policía serbia) e o iugoslavo Mrado da mafia (que é quen busca cazar a Jorge mentres loita pola custodia da súa filla). 
A repartición da película complétase co actor cambadés  Matias Padin Varela, e Dragonir Mrsic, Lisa Henni,Jones Danko e Lea Stojanov. A cinta foi rodada en Hamburgo (Alemaña) e en moitas localizacións de Estocolmo. Sabemos que non é habitual que nos avances de películas falémosvos de films que xa foron estreados no noso país pero a estrea estadounidense dáse nestes días e é unha boa oportunidade de volver refrescar esta longametraxe premiada no seu país de orixe, e resltar asi ainda mais os meritos do noso paisano Matias Padin, fillo dos tamén cambadeses  Luis Padin Fandiño e Mari Carmen Varela e sobriño de nandiño o que tipa a tenda de deportes Sportan en Fefiñans.


2 comentarios:

Anónimo dixo...

non o coñezo

Anónimo dixo...

non coñezo a este rapaz