9 de xul. de 2012

JULIO IGLESIAS ACTUARÁ NA FESTA DO ALBARIÑO

Acábase de confirmar a actuación do cantante Julio Iglesias para a festa do Albariño 2012 concretamente actuará o vindeiro 1 de Agosto mércores na Praza de Fefiñans , que de seguro vai quedar moi pequena para este evento.. A nova a caba de saltar os medios. O que confirmou o Alcalde é que o as arcas municipais non lle vai costar un peso, o que si é claro é que Julio Iglesias non ven gratis, e non e dos cantantes baratos e alguen terá que pagalo, xa iran saindo mais datos no
futuro.
Julio Iglesias foi investido Cabaleiro do Albariño no ano 1992, o ano do xacobeo e das olimpiadas, supuxo un punto de inflexión  glamouroso neste percorrido cara a espectacularidade, que iria cubrindo etapas coa irrupción doutras celebridades do mundo da música, da literatura ou do deporte. O día que Julio iglesias  bendiceu o Albariño completouse a flamante escenografía coa posto de longo coas capas deseñadas na factoria de Adolfo Dominguez “la arruga es bella”, que revolucionaron o Capitulo Serenisimo e impactaron nos medios de comunicación, daquela menos contaminados pola hoxendia dominante incultura do famoseo. Na xantar de dita edición, o daquela novo Alcalde Santiago Tirado, que reemprazou a Pillado Montero, por enfermidade deste, porclamara que o albariño facia palidecer os Xogos olimpicos de Barcelona e a Expo de Sevilla. O propio cantante, daquela embaixador de Galicia, declarouse cambadés, despois de que o alcalde proclamara que Cristobal Colón nacera en San Tomé.




1 comentario:

Ana la roja dixo...

Déixasme coa boca aberta. O que nos faltaba!!!!