9 de xul. de 2012

UNHA VIEIRA DE OURO CON ENCHUFE

Este ano Benito Pelea encargouse de que a vieira de ouro  fora dada cun enchufe trifásico coma un mundo no transcurso do xantar aáconselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, amiga de Benito en moitos sentidos, pero especialmente compañeira de denuncias
xa que Pladesemapesga (Plataforma en defensa do Sector  Pesqueiro de Galicia) tenos denunciados conxuntamente en mais de unha ocasión pola comisión de presuntos delitos tales como prevaricación, coboto, fraude ou träfico de influencias. 
De seguro que Benito nos ha de vir dicindo como Aragunde co rollo da estatua de Fraga,  que Rosa Quintana conseguiu moitas cousas para Cambados, se todas son das circunstancias do barco Tragove mellor calar. . Así mesmo, recibirán unha placa de homenaxe a presidenta da agrupación de mariscadoras a pé, Isabel Pérez, polos 14 anos que leva no cargo distinción merecida a de Isabel, non lle imos ter en conta de que cambiara de chaqueta como fixo Benito, pois o  que si sabemos  é que Isabel tratou de facer o mellor para as mariscadoras con honradez e traballo, non como outros, e o capitán da Garda Civil da zona do Salnés, José Manuel Rancaño, a quen queren agradecer así o traballo do Seprona e o apoio na loita contra o furtivismo. Hai 160 prazas na comida, e as persoas que desexen acudir á mesma poden comprar as entradas na confraría ao prezo de 30 euros. Está previsto vender na carpa entre 6.000 e 8.000 vieiras.
Doutra banda os restaurantes de Cambados súmanse este ano ás xornadas de exaltación da vieira, pois unha ducia de negocios da localidade ofrecerán entre o 13 e o 15 de xullo menús especiais nos que a vieira será protagonista. Así o desvelou onte o patrón maior, Benito González, quen presentou a undécima edición da festa da vieira en compañía do cociñeiro Tonino Botana.
A festa empeza o venres que vén, día 13, e termina o domingo. Durante os tres días haberá unha carpa gastronómica no Paseo dá Calzada, onde se poderá degustar vieira (a un prezo de oito euros as dúas unidades grandes), así como empanada de vieira ou arroz con este prezado bivalvo e zamburiñas á prancha. Pero ademais veciños e visitantes terán a oportunidade de probar a vieira en polo menos unha ducia de restaurantes da localidade.

Ningún comentario: