2 de xul. de 2012

LUIS ARAGUNDE MINTE CON TOTAL FACILIDADE, SEGUNDO VICTOR CAAMAÑO

O blog do BNG de Cambados e este por medio do voceiro municipal Victor Caamaño ven de  publicar que agora xa temos claro, todos os cambadeses e cambadesas, que a proposta para facer unha escultura a Manuel Fraga en Cambados é unha idea orixinal do PP. A verdade é que isto xa o supoñiamos  desde que o
anuncio foi feito público. Tamén sabemos agora que Luís Aragunde minte con total facilidade e sen inmutarse o máis mínimo. Pode afirmarse, polo tanto, que é un digno representante, en Cambados, de Mariano Rajoi; ese presidente que non subirá os impostos, o que non pedirá o rescate a Europa, o que non subirá o IVE, o que non aplicará o copago dos medicamentos, o que non reducirá as partidas para sanidade e educación.
Tamén nos di Victor que Aragunde tampouco lle ten nada que envexar  a Núñez Feijoo; ese que ía solucionar o problema do paro en Galiza en 45 días. Parece ser que os cargos do PP están cortados polo mesmo patrón; o importante, para eles,  é manterse no posto aínda que para iso haxa que mentirlle á sociedade sen ningún pudor.
Contanos Caamaño que no pasado pleno escoitamos, incrédulos, como o alcalde de Cambados negaba, diante dos periodistas e das cámaras, afirmacións que fixera anteriormente a eses mesmos medios.  De feito puidemos coñecer, estes pasados días, o malestar dalgún medio de comunicación que tivo que demostrar, publicamente, que Luís Aragunde mentiu na última sesión plenaria ao negar cousas que publicara este medio con respecto a anteriores declaracións do alcalde.
Victor informa os cambadeses que Unha das principais estratexias políticas do PP consiste en tentar confundir ao cidadán, facéndolle crer que o concello é o PP son a mesma cousa. E para iso, en ocasións, chegan a extremos tales como o fixeron neste caso, pois  inicialmente tiñan pensado pagar a súa escultura con cartos do concello e das Administracións públicas. Pero ante as críticas do BNG e doutros sectores sociais recorreron, con total desprezo, ao sector do albariño para ocultar que o PP era o verdadeiro impulsor da  escultura. Actuaron con total desprezo cara ao sector do viño que lle cargaron o “pato” sen comelo nin bebelo. O pobo de Cambados non merece uns gobernantes como os do PP.
E rematanos dicindo Victor que tamén, no pasado pleno, tivemos a oportunidade de ver a un Luís Aragunde actuar coma un verdadeiro “hooligan”; facendo todo un alarde de saber estar e comportarse. Parece ser que este tipo de comportamento e a  futura colocación da estatua de Fraga no Pazo Torrado, auguran o que nos agardará no próximo xantar do albariño. Un xantar totalmente “pepero” e extremadamente “facha”. E mentres os gobernantes do PP están centrados en labores tan “interesantes” como construír unha estatua a Manuel Fraga, o paro segue a aumentar, os impostos seguen a subir, a protección social segue a baixar e as persoas máis necesitadas están a quedar desamparadas e esquecidas pola Administración.
Víctor Caamaño. Voceiro do BNG de Cambados. Podes ler o seu blog premendo aquí.




                              
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Aver si pos algun articulo que fale do abandono das parroquias,estamos que esto parece o monte,xa ai pistas asfaltadas que casi nin se pasa camiñando,todo po pueblo e as parroquias so cando ai eleccions.!!!!ESTAMOS FARTOS!!!!