2 de xul. de 2012

UN MEMBRO DO EQUIPO DO GOBERNO DEMANDA A CONFRARIA E O PRESIDENTE DOS RAÑEIROS

Por medio do blog dos rañeiros acabamonos de enterar de que  o mariscador Juan César Varela, primeiro pola dereita na fotografía,  xa anunciara a súa intención de demandar á directiva da Agrupación de Rañeiros porque lle acusaba de
saír a faenar de xeito irregular e sentía que se estaba "degradando” a súa persoa e se lle “discriminaba”, e cumpriu as súas advertencias. Así, o pasado venres celebrouse unha asemblea de socios para dar poderes ao presidente, Carlos Martinez, para nomear avogado e procurador para defenderse da demanda de reclamación por presuntos danos e prexuízos á súa honra ante o Xulgado número 1 de Cambados, mediante a que reclama unha indemnización duns 6.000 euros e na que tamén demanda á Confraría. 


Carlos Martinez cunha querela (de Benito Gonzalez) e unha demanda (de Juan César) ás súas costas, pero coa forza da razón e da verdade o fronte.

Así o informou o letrado que defenderá os intereses dos directivos dos “rañeiros”, Alberto M úñoz. O xurista mantén os argumentos dos seus clientes, é dicir, que Varela non tramitou a súa alta como socio (pedira a baixa voluntaria), non cumpría cos requisitos para saír ao mar, como estar ao día nos pagos á agrupación, e aínda así o facía, entre outras cuestións. Tamén involucran ao patrón maior, Benito González, neste asunto por mantelo nos órganos de goberno da Confraría cando a situación “irregular” na que, aseguran estaba traballando, impídelle, segundo eles, formar parte. De feito, o avogado afirma que a Consellería do Mar deulles a razón. “Contestou a unha alegación presentada por González na que lle indica que debe estar fóra da directiva”, declarou respecto diso.Para Varela, todo isto son ataques contra a súa persoa sen fundamento e defende que cumpre cos requisitos para faenar e que é vítima dun “trato discriminatorio” porque lle estaban prohibindo traballar. O mais curioso de todo é que Juan Cesar tamén demanda a Confraria de Pescadores de Cambados, formando parte do equipo de goberno da mesma.


                               
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: