9 de xul. de 2012

O CONCELLO DE CAMBADOS NOS DERRADEIROS POSTOS EN TRANSPARENCIA FISCAL

A xa consabida falta de  transparencia administrativa no concello de Cambados, do que todos os cambadeses son testemuñas, agora un estudo realizado voluntariamente entre 33 concellos galegos para analizar a súa transparencia orzamentaria, estudo que foi realizado por catro prestixiosos economistas galegos, concretamente José Caamaño Alegre, Francisco Reyes, Santiago Lago e Aurora Santiago para a revista
 británica Local Goverment Study, o concello de Cambados  ficou no posto 25 de 33, sendo un dos peores valorados polos autores do informe en canto a transparecencia fiscal.  O primeiro lugar foi ocupado polo Concello de Lugo, logo o de Monforte de Lemos e terceiro o de Rivadavia.  

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Seguimos esperando a que alguen faga algo ante o abandono o que estan sometidas as parroquias,pero fagome unha pregunta xa que non e a primeira vez que espoño esto aqui e tras varias chamadas o concello,o concello segue sin facer ni puto caso,¿porque?,pero e que a oposicion tampouco nin caso¿porque?.Ti amigo chon segues sin poñer nada do tema aqui,¿porque?¿sera porque si pos algo deixas en evidencia os concelleiros do partido o que pertences e que lle corresponderia defender os interes de cada parroquia?polo menos cando son as eleccions presentadesnos sempre a algun representante por parroquia,¿e despois das eleccions que?si son as parroquias as que vos dan a vida nas votacions. E aposto un cafe a que este comentario no vas publicar,¿porque?porque non interesa,a vos non vos interesa,os veciños das parroquias si.AS PARROQUIAS TAMEN EXISTEN.

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Perdechelo café. Agora en serio gustarime falar contigo do tema das parroquias, pero como non de das identificado non hai maneira. Se algún día che apetece identificarte e charlar un rato xa sabes onde me tes. Unha saúdo.

Anónimo dixo...

Non creo que sexa necesario que me identifique para que lle busquedes unha solucion,nin tan sequera seria necesario falar diso,chegaria con que visitaras as parroquias de vez en cando e si non pois fala cos concelleiros do teu partido que viven ou representen as parroquias, e eles deberian decirche o que ven ali donde viven,e mesmo as queixas que veciños que de seguro lles dan.Si as visitas e o fas en coche ten coidado o entrar en pistas estreitas,porque si xa son estreitas mais ainda o son cas silveiras que se acumulan os lados,e vas rascalo coche,e coidado tamen cos baches,si traes a meniños non os leves os parques porque valos perder no medio das herbas,nin os deixes beber de algunas fontes,das que teñen agua claro,porque non pasan ningun tipo de control e non vaia ser,que tampouco che sorprendan as escombreiras en cunetas e montes,nin os vertidos os rios,etc etc...esperamos mais de vos porque como dis ti de pinocho aragunde xa non nos podemos esperar nada.