8 de xul. de 2012

OUTRO DOCUMENTO HISTÓRICO DONADO A “A TI MEU CAMBADOS”

Acabasenos de facilitar por un dos nosos lectores asiduos un novo documento que pasa a engrosar o xa poboado espazo “Cambados no recordo” e que queremos compartir con vos, e trátase dun documento que fai publicidade dunha empresa de
“Automoviles de liña” que se chamaba “El Rápido"  e que facia a liña entre Cambados e Carril, o texto en cuestión non ten desperdicio e podemos atopar frases como:
PREMAR NA IMAXE PARA VELA AMPLIADA
“Os donos desta Empresa son Cambadeses, e para maior garantía dos viaxeiros, conducen eles mesmos os seus automóviles, de maneira que non perigen as vidas dos que vaian con eles, como pasa con outras empresas. acreditaron as súas aptitudes de compelencia nas Américas e en España”
Ou “O automóbil que hoxe fai o servizo é magnifico e silencioso, construído expresamente para devandito labor con todos os adiantos modernos de seguridade, elegancia e resistencia; ademais leva a vantaxe de ir sempre diante por non ter que recoller o correo, salvándose así os viaxeiros de ir "comendo" o po que levanta o outro durante eI traxecto”
Ou esta outra ” Neste coche non se nota o ruído de ios cristais, podendo sosterse perfectamente unha conversación á voz natural, o cal non pasa con outros automóbiles coñecidos”.
O prezo era de 1,25 pesetas a Carril e de 1 peseta a Vilagarcia.
As Administracións estában situadas: En Cambados, na de Francisco Sineiro, Paseo de Cervantes; e en Villagarcia, no comercio de D. Segundo Abalo. Ademas das Administracións, e habia unha parada a rúa do Sol, de Cambados,
O documento é do ano 1921.

Ningún comentario: