22 de xul. de 2012

OUTRO DESPILFARRO DE AUGA EN TORRADO

Recollemos textualmente unha nova do Blog Cambados Xusto que nos parece interesante e  di como segue:
"Dias atrás dende este blog queixábamonos do mal gasto de auga que se facía no parque de Torrado. Pois ben onte
poidemos comprobar que a pesares de todo o despilfarro sigue e desta vez en proporcións maiúsculas.
O parque de Torrado foi onte escenario de como lle importa ben pouco a o noso Concello que se tiren centos de litros de auga co único propósito de de recaudar cartos por parte de unha asocición “allea” ao Concello.
A Asociación Cultural e Xuvenil Retranca organizou onte o chamado Aquaplay, consistente en varios xogos coma un deslizador acuático unha piscina e unhas bolas xigantes onde se metían os críos e xogaban dentro de outra piscina.
Pois ben a xornada empezou sobre as 4 e media da tarde e rematou cerca das 9 da noite e durante todo ese tempo duas mangueira como as da foto do marxe non deixaron de verter auga cara as canaletas. Non calculamos a auga que foi polos sumideiros durante preto de 5 horas pero malgastar calquer cousa nos tempos que corren parece un insulto a os cidadáns aos que selles esixe que non malgasten auga.
Coma sempre as normas non van con eles. As autoridades pídennos esforzos, pero eles pasan de todo, e o que é peor "pasan do povo".
Non estamos en contra de toda actividade lúdico-festiva para os nosos rapaces pero sí estamos en contra do despilfarro a conta dos petos dos veciños."



4 comentarios:

Anónimo dixo...

Multiplica 5 horas por 60 minutos e 40 litros por minuto e o resultado poñelo a carón da vosa factura da auga e levádella o Concello. O que sobra en Galicia e AUGA, non vedes que en vista de este inverno inusualmente seco a solución que za empezaba a xestarse polos "politiquillos de turno" era a de subir os prezos, porque a auga está barata, según palabras de algún deles nos medios. E de pena ver como todo o solucionan queimando o personal a base de subidas de todo tipo e despois toca ver esto. Sinto que esto se fora a producir nun espectáculo para nenos, porque para os nenos o que sexa pero con RECICLAXE E EUSTERIDADE, dar exemplo xa que outras cousas non dades.

Anónimo dixo...

Do que non se sabe non se pode falar, vos non sabedes se as manqueiras estiveron botando auga toda a tarde ou no, nin de donde saiu a auga. O que si se ve e que pouca vergonza si que a tendes posto que criticades sempre que non se fai nada para a nimar os xovenes e ahora que hai asociacions con ganas de facer cousas tamen as criticades. Un pouco de vergonza e de informarse ben e o que vos fai falla.

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Primeiramente querido directivo de Retranca darche as grazas por ser asiduo lector dun blog nacionalista de esquerdas, algo aprendes non cabe dúbida. Por certo acostumbrate a ser un home publico e da a cara que eu sei perfectamente quen eres se valiente
2º.- para contestar un artigo primeiro hai que lelo, eu non escribin isto, so me fago eco dunha nova publicada nun blog amigo como é Cambados Xusto, o cal admiro e visito a diario e por certo un blog critico e aséptico politicamente.
3º.- Non me tiredes moito do xenio non vai ter que quitar facturas do concello pagandovos os gastos das vosas actividades. Por que vos non pagades un peso todo paga o concello, vos sodes simplemente man de obra e barata.
4º.- Retranca é sinónimo de PP partido que en si xa ten a súa retranca.

Anónimo dixo...

Así vamos!!!

Sei que son repetitivo pero non hai mellores palabras que definan o que sinto.
Saúdos