28 de xul. de 2012

PASARELA SOLIDARIA A PROL DE ASPACE EN SANXENXO NA QUE PARTICIPA A CAMBADESA MONICA GUILLAN

O próximo día 02 de agosto de 2012, ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) organiza nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo a primeira edición de PBAPC, a Pasarela Benéfica ASPACE.   A
Confederación ASPACE é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública, que agrupa ás principais entidades de Atención á Parálise Cerebral de España. Con implantación nas 17 Comunidades Autónomas, as máis de 70 entidades que integran ASPACE contan con preto de 18.000 asociados, principalmente persoas con parálise cerebral, familiares e amigos, e ofrecen servizos de atención directa a 8.400 afectados, con máis de 3.800 profesionais e preto de 1.600 voluntarios traballando nos distintos Centros..
A Pasarela Benéfica ASPACE pretende axuntar solidariedade e moda é o leit motiv. O obxectivo da pasarela é achegar a realidade das persoas con parálise cerebral á sociedade a través dun acto solidario fóra do común. 
Trátase de mostrar dun modo contemporáneo os deseños de novos talentos galegos da moda entre os que se atopa a cambadesa xa popularmente coñecida neste mundiño Mónica guillán,  nunha pasarela solidaria e recadar fondos para o financiamento dos programas e servizos que ASPACE-Galicia desenvolve a favor do colectivo de persoas con parálise cerebral en toda a nosa comunidade autónoma.
O prezo da entrada é de 10 euros e cada asistente recibirá un bono spa para dúas persoas no Hotel Spa Vilavella, simplemente por acompañarnos.
As entradas poranse á venda o vindeiro xoves 27 de xullo na Oficina de Turismo de Sanxenxo e nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo. 
Tamén se poden reservar no teléfono 986853068, enviando unha mensaxe privada ao facebook de Federación ASPACE-Galicia ou a través da dirección de e-mail comunicacion@aspacegalicia.org indicando os seus datos persoais.


Ningún comentario: