28 de xul. de 2012

XORNALISTAS DE 12 NACIONALIDADES VISITARÁN CAMBADOS PARA PROMOCIONAR A FESTA DO ALBARIÑO

As súas reportaxes poden conseguir que a festa sexa declarada de Interese Turístico Internacional.
Un grupo de doce xornalistas dos máis destacados medios internacionais visitarán Cambados do 3 ao 5 de agosto co fin
de coñecer e difundir as peculiaridades da súa Festa do Albariño. A aparición de polo menos dez reportaxes en prensa estranxeira é un dos requisitos para que unha festa sexa declarada de Interese Turístico Internacional. 
A Festa do Albariño de Cambados, que cumpre o seu 60 edición, é a manifestación gastronómica máis antiga de Galicia e a segunda con máis tradición de España, está recoñecida como Festa de Interese Turístico Nacional e espera que con esta acción, entre outras, consiga o título de Interese Internacional en breve.
Participasen representantes de importantes medios de comunicación de Bulgaria, Dinamarca, Italia, Rumania, Alemaña, Holanda, Bélxica, Austria, Portugal, Estados Unidos, México e toda América Latina. Catros equipos estranxeiros de televisión cubrirán a Festa en directo.
A Festa do Albariño de Cambados, que este ano terá como invitado de honra a Julio Iglesias, que ofrecerá , baixo un cache que supera os 200.000 euros,  o seu único concerto en Galicia, é un acontecemento popular, no cal o viño é o protagonista xunto coa gran cantidade de xente que durante cinco días percorre de forma incansable as casetas degustando os exquisitos caldos desta rexión. Cada ano reúnense en Cambados ao redor de 150.000 persoas. Esta cita é unha das máis importantes do calendario festivo galego.
Durante os tres días da súa estancia en Cambados coñecerán os principais atractivos turísticos da cidade, con visitas guiadas pola súa casto histórico, un paseo en barco polas rías, visitas a adegas e moito tempo libre para gozar da Festa na carpa gastronómica e percorrer as distintas casetas de viños. Naturalmente, os correspondentes de prensa estranxeira e xornalistas terán oportunidade de gozar da cociña galega e as especialidades de Cambados nalgúns dos restaurantes máis tradicionais da cidade.
O domingo 5 de agosto participarán nos actos principais da Festa, co desfile do Capítulo Serenísimo coas outras Confrarías e autoridades ata o pazo de Fefiñáns, a Solemne Investidura de Damas e Cabaleiros do Capítulo Serenísimo do Albariño e o Xantar Oficial da Festa do Albariño no pazo Torrado. Estes xornalistas poderán ser notarios de como o Partido Popular de Cambados politiza dun xeito descarado a nosa festa máis emblemática, de como se malgasta diñeiro na comida de confraternidade ou como se inaugura a estatua a un fascista.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

A maiores de como se indica o final da noticia, serán testigos de como se organiza un dos maiores botellóns pagados con diñeiro público, e si me apuras eu pediríalle a eses honorables responsables de dar mérito a festa que ficaran uns días mais para que constatasen como os cheiros o mexo , vómitos e demais porcalladas segen acompañando o noso pobo hasta que Deus diga que chova, bueno salvo a entrada e aredor do concello non vaia a ser.

Anónimo dixo...

Concordo co que dis, pero o dos cheiros vai máis aló do Albariño, senón, preguntadelle a Chon sobor os contedores da súa rúa, por poñer un exemplo...