4 de xul. de 2012

UNHAS 150 PERSOAS PROTESTAN EN CAMBADOS POLAS PREFERENTES

Os afectados maniféstanse ante unha oficina de NCG que está custodiada pola Garda Civil
Axentes da Garda Civil custodian desde o seu interior a oficina de Novagalicia Banco en Cambados ante a que, desde as once da mañá, concéntranse os membros da Plataforma de
Afectados polas Participacións Preferentes do Salnés. Os axentes permitiron a entrada, dun nun, dos clientes da entidade, que permanece aberta.
No exterior concentráronse ao redor de 150 persoas que fan soar as súas sirenas e chifres con pancartas cos motivos da súa protesta.
O feito de que a concentración cambadesa coincida coa celebración, nas rúas próximas á oficina bancaria, de mercado semanal provocou que a expectación sexa maior. Unha patrulla da Policía Local mantivo a vixilancia desde primeira hora da mañá aínda que non foi necesaria a súa intervención en ningún momento.
UNHA NOVA VÍA
O portavoz da Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes do Salnés viu "positiva" a formalización da demanda por parte da Fiscalía contra a entidade pola cláusulas abusivas nas preferentes.
"Cantas máis vías se abran para intentar solucionar esta situación, mellor", sinalou.
Os afectados do Salnés aseguran estar máis indignados que nunca "porque nosdixeron que antes do mes de xullo teriamos unha solución e xa vemos que non hai nada". Como proba da crecente indignación, os afectados polas preferentes sinalan que a concentración deste mércores é a máis numerosa de cantas realizaron ata agora a Plataforma do Salnés.

Ningún comentario: