18 de ago. de 2012

A PRIMEIRA EDICIÓN DO CARNAVAL DE VERÁN FOI TODO UN ÉXITO

Ate a mesma “Comisión de Festas”(podes ver os seus compoñentes na foto que ilustra a nova), quedou asombrada
polo éxito da convocatoria para ser a primeira edición pois o Carnaval de Verán foi todo un éxito en Cambados. 
Primeiramente a comisión reuniuse no xa afamado Restaurante de Fefiñans“A Cociña de Telmo”, onde deron conta dunha suculenta comida mentres organizaban os preparativos, para ilo organizando mellor decidiron  despois dar unha volta no trenino. Sobre as 19 horas a comisión de festas dou comezo o festival coa sesión infantil onde fixeron as delicias dos numerosos nenos que había na Praza de Alfredo Brañas. Logo pola noite sobre as 10.30 horas, mais ou menos, deu comezo o que xa foi a sesión forte da noite. No momento en que o Dj comezou a poñer as típicas caralladas todo o mundo saíu a pista de baile na que se converteu a Praza de Alfredo Brañas. A festa fíxose grazas a colaboración de dos bares da praza Fico´s, Brothers, Rif Rock,  Café Pizzeria Penkito e a Leria. O presidente da Comisión de Festas Rubi o Manaco quedou moi contento da iniciativa, a festa durou ate altas horas da madrugada e esperan repetir experiencia para o ano que ven. Os meus parabéns por tan boa iniciativa. Podes ver nas columnas da dereita unha ampla reportaxe fotográfica do evento.

Ningún comentario: