18 de ago. de 2012

TRIUNFO CLAMOROSO DE TREIXADURA NAS FESTAS DA PEREGRINA 2012

A PRAZA DE ESPAÑA, ATEIGADA DE PÚBLICO, GOZOU DUN CONCERTO INOLVIDÁBEL DE TREIXADURA CON CANTIGAS E AGARIMOS.
 Varios miles de persoas ateigaban ás 22:30 h do día 15 de agosto a Praza de España de Pontevedra agardando un concerto que se prevía emocionante polo seu carácter excepcional. O grupo Treixadura convidaba á histórica coral Cantigas e Agarimos de Santiago para desenvolver un espectáculo conxunto na presentación do disco “ Esa si que é muiñada”.
Un minucioso traballo de montaxe e preparación deste concerto tivo como resultado un espectáculo inesquecible na que Teixadura pretendeu render tributo a tódalas corais populares e en particular ás catro corais decanas de Galicia que participaron na gravación deste novo traballo discográfico: “Cantigas e Agarimos” (Santiago de Compostela) , “Cántigas da Terra”  (A Coruña), “Real coro Toxos e Froles” (Ferrol), a “Coral De Ruada”  (Ourense)
O público entregouse dende as primeiras notas e foi testemuña da secuencia de acontecementos que ían sucedéndose no escenario. Na Muiñeira de Baiona varias parellas de baile pertencentes á Cantigas e Agarimos déronlle unha imprevista nota de cor ao espectáculo que se repetiu posteriormente noutras pezas.
A temperatura subiu moitos graos cando, despois da coñecida peza “Ven ver o mar” fixo a súa aparición no escenario a coral e interpretou en solitario unha fermosa versión de “Lela”. A parir dese momento Cantigas e Agarimos xa acompañou a Treixadura ata o remate do espectáculo dando lugar a momentos de gran intensidade emotiva que foi correspondida con calorosas ovacións por todo o público que enchía a praza.
Este concerto enmarcouse nas Festas da Peregrina 2012 e forma parte dunha xira de presentacións deste traballo que xa levou a Treixadura por diferentes cidades e vilas de Galicia e que se prolongará ata o outono e inverno.
Treixadura é sinónimo de música tradicional. 20 anos de gravacións e concertos, 5 discos no mercado e unha variada gama de colaboracións discográficas. Dúas décadas compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.
“Esa si que é muiñada”. (Treixadura, 2011) É un traballo que pretende revivir a música e os cantos populares que aínda se agochan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural.
Eu tiven a sorte de estar ali e vivir un espesctáculo marabilloso do que sempre “nos libra” o noso alcalde Luis Aragunde que prefire traer o “pijo” de Julio Igleisas (e de pago)  en vez de realzar os valores tradicionais da nosa música. Podes ver na columna da dereita un video da interpretación da "Foliada Marmuradora" deste concerto.


Ningún comentario: