8 de ago. de 2012

A VERGOÑA DE CAMBADOS “ENCARCELADA”.

A vergoña de Cambados, ou o mesmo que dicir a estatua do fascista Manuel Fraga, foi encadeada na tarde do domingo para o luns por empregados do Concello de Cambados, situándose no que é o xardín da propio Pazo de Torrado, que
está separada por unha enreixado co resto do pazo.  E impresentábel a actitude dos nosos gobernantes sobre todo do Luís Argunde, aquel alcalde que presumía de cambadés de ser fillo de mariñeiros e que vai pasar a historia deste pobo por facerllo unha estatua a un ditador que estivo nun  goberno dun asasino como era Francisco Franco. Para que gastar tantos cartos do pobo de Cambados, por que o final como sabedes o de costeala os viñateiros é todo un conto,  para o final agachala nun lugar sen acceso o público para salvagardala de posibles atentados. Así que xa sabedes os fascistas cambadeses onde podedes ver dende agora a estatua de Manoliño, pero probablemente non sexa a súa situación definitiva. Por outra banda os que teñan pensado "facerlle algo" teñeno un pouquiño máis díficil.
ESTATUA SITUACIÓN PRIMITIVA
ESTATUA HOXE FOTO 1
ESTATUA HOXE FOTO 2
ESTATUA HOXE FOTO 3




2 comentarios:

Castrelix dixo...

Serán misereibols, ata eles mesmos se avergoñan do seu fundador, un fascista que en calqueira democracia seria estaría condenado por crímenes contra a humanidade, agachando a estatua para que na vexa a cidadanía, todo foi un paripé de Agoracunde para quedar ben diante a cúpula peperra no pantagruélico xantar do Albariño

Anónimo dixo...

Tanto como dificil de saltar, non. Ese valado saltao un neno de dez anos. Eu xa teño visto a algun rapaz subido ali hai tempo, asi que....si non se fai e porque non hai coll....
Personalmente non me gustan as estatuas de personas que coñeces en vida. Parecenme de moi mal gusto. Despois ala cada un coa sua conciencia.