8 de ago. de 2012

CARNAVAL DE VERÁN NA PRAZA DE ALFREDO BRAÑAS DE CAMBADOS

Esta claro que se queres subsistir neste mundo tan disputado hai que ter iniciativas e iso é o que están a facer case todos os bares da Praza das Terrazas (Praza de Alfredo Brañas), e así
o día 14 de Agosto( véspera de festivo) a iso das 19 horas chaman a todos os cambadeses a participar no Carnaval de verán que terá lugar na devandita praza, a iniciativa paréceme espectacular e esperemos que os cambadeses se animen e poidan encher esta praza como antano facía Unha Grande Chea, por iso o motivo da cabeceira que lle adico emocionado a esta asociación que noutros entroidos lle ten dado tanta vida a esta praza. Ademais a iso das 21.30 horas haberá unha espectacular verbena a cargo do dúo Nestor e Chus. A diversión está asegurada. ¡¡¡Participa!!!. Xa o pasado domingo do Albariño a cousa empezou a "moverse" un pouco cun concerto improvisado que tivo ao parecer moito público nesta praza a cargo de Javi Pamplona e amigos, esta ben que as "prazas" (Alfredo Brañas e rodas", se "piquen" iso vai en beneficio de todos nos.





Ningún comentario: