7 de ago. de 2012

O BNG DE CAMBADOS PREGUNTA CANTOS CHUPOTEROS FORON O XANTAR DO ALBARIÑO

O BNG de Cambados ven de presentar unha pregunta no concello de Cambados, sobre cantos comes de balde houbo no xantar do Albariño deste ano. Victor manifesta no no escrito que como membro da corporación municipal do Concello de Cambados ten dereito a coñecer os datos relativos aos comensais que foron convidados ao Xantar da Festa do Albariño que se celebrou no Pazo Torrado con motivo da
celebración deste ano así como outros datos relacionados con este evento,  polo que viña a solicitar que lle sexa  lle sexa facilitado ao grupo municipal do BNG o listado de comensais convidados polo concello ao  Xantar da Festa do Albariño deste ano, onde se aclare os/as que asistiron realmente, así como se levaron ou non acompañantes tamén convidados/as e o motivo polo que as citadas persoas foron invitadas polo concello ao Xantar deste ano. 
Solicita, así mesmo, que sexan facilitadas as contas relativas á Festa do albariño deste ano.
Dias atrás o impresentable do noso Alcalde tiña a "cara" de dicir en Radio Arousa que no concello de Cambados había transparencia e que o BNG tiña toda a documentación que pedía, mentiu como un cosaco , como fai sempre, agora ten a oportunidade de facilitarnos estas listaxes e constas pero de seguro que o BNG terá que ir novamente o Valedor do Pobo para que se lle facilite esta documentación.


Ningún comentario: