7 de ago. de 2012

GALICIA CONSEGUE A SUA PRIMEIRA MEDALLA OLIMPICA NESTES XOGOS.

Martes sete de agosto, día grande para o deporte galego. Un deporte que suma catorce medallas na historia dos Xogos Olímpicos. Desde Luis Otero e Moncho Gil en Anveres 1920
ata Xavier Gómez Noya en Londres 2012. Gomez Noya conquistou a medalla de prata na proba de tríatlon. Subcampión olímpico. Só superado polo británico Alistar Browlee despois de realizar a mellor proba da temporada. Ós seus vinte e nove anos, Gomez Noya desfruta do que lle faltaba o seu palmarés, a gloria olímpica. A este impresionante triatleta galego tivemos a sorte de velo competir na III Carreira Popular de Cambados 2011, onde departeu con varios cambadeses, entre eles o administrador deste blog. Parabens Campión.
GOMEZ NOYA CON CHON, ADMINISTRADOR DESTE BLOG

GOMEZ NOYA COS CAMBADESES COSTA, FARIÑA E MARTINEZ



Ningún comentario: