7 de ago. de 2012

“A MÁQUINA DO TEMPO” UN ESPECTÁCULO QUE SE PRESENTA EN CAMBADOS O 24 DE AGOSTO.

COA PARTICIPACION DOS CAMBADESES JOSE A. VILAS E JOSE MARIA TRIGO
O venres 24  de Agosto en estarán en Cambados no Café Continental a partires das  00.00 horas previamente comezará
a xira de presentación. O venres dez de Agosto en Vilagarcia de Arousa.                                         
" A máquina do tempo é un espéctaculo onde a palabra e a música se collen da man, unha posta en escena para viaxar nun tempo íntimo e persoal.
A memoria, a nosa máquina do tempo coida segredos, débedas e palabras. Tamén fabrica ilusións e desexos que non repara nas consecuencias de camiñar pola delgada liña que separa a nostalxia dos soños.
Juan Carballo e Ramón Núñez protagonizan esta viaxe íntima e persoal na que mesturan poemas musicados e cancións.
Once composicións que contan coa colaboración de prestixiosos artistas e amigos como Alejandro Martínez, Guadi Galego, Guillerme Fernández, Jose A. Vilas, Maite Dono, Paco Cifuentes, Quim Farinha,  José Maria Trigo, Sito Suárez...
A máquina do tempo conta coas ilustracións e o deseño Nuria Díaz, que fai realidade a intención de construír unha obra dentro dunha mesma obra, procurando acadar a mesma maxia cando se escoite e cando se teña entre as mans.
A partir do 10 de Agosto de 2012 estará á venda o disco-libro A máquina do tempo nunha edición moi coidada.
Prezo 18 euros (ive incluído)
Xa podes reservalo e recibilo na túa casa escribindo a:  ofaiadopedidos@gmail.com
A XIRA:  
AGOSTO 2012
Venres 10   23:00 h  espectáculo.
A Sunset (Rosalía de Castro,nº 75) Vilagarcía de Arousa
Venres 24   0:00 h  espectáculo
Café Continental (Rúa Hospital, 7) Cambados
Venres 31   23:00 h  espectáculo
Encontro (Rúa Bouza Martín) ?Barrantes
SETEMBRO 2012
Venres 7 22:30h espectáculo
A Taberna de Cancela (Broullón,14) Xil, Meaño
O disco-libro A máquina do tempo será ferramenta e instrumento que desenvolva unha 
nova xira, na liña das dúas anteriores Volta ás Rías galegas e A casa do poeta, pretendemos continuar levando a tódolos recunchos de Galicia dun xeito renovador e especial, unha nova posta en escena onde a música e a palabra se volven coller da man.        
A xira A máquina do tempo presentarase en tres formatos co fin de adaptarse a diferentes  tipos de espazos e necesidades:
- acústico-presentación: Juan Carballo e Ramón Núñez
- semiacústico: Juan C. e Ramón N. + músico + montaxe...
- espectáculo: Juan C. e Ramón N. + trío (violín, teclados, guitarra) + montaxe
Ficha
Elenco:
José María Trigo(violín) 
Nacho Pérez (guitarra)
Brais G. (teclados) 
Ramón Núñez (guitarra e voz)
Juan Carballo (voz)
Interpretación musical: Ramón Núñez
montaxe: Juan Carballo e Ramón Núñez
guión: Juan Carballo e Ramón Núñez
Deseño gráfico: Nuria Díaz
Duración: 60-65 mintos aprox.
Creado e dirixido por Juan Carballo
............ A xira ............
Para dúbidas, necesidades técnicas, cartel, fotos e textos promocionais, documentación, contratación…. escriba a:
ofaiadoinfo@gmail.com
Poden consultar as datas confirmadas, fotos, vídeos, prensa en:
Juan Carballo. Basauri (Bilbao) 1981 
Comezou divulgando os seus versos en xornais e revistas... sendo en 2006 cando publica “Na miña fiestra e outros poemas de andar pola casa”, o xeito escollido 
para presentalo foi unha “Volta ás rías Galegas en verso” que levou ó poeta polos 
diferentes portos da costa galega.
O 16 de febreiro de 2007 dirixe e protagoniza a representación poética “Elaborando 
o meu delirio”, unha posta en escena que mestura jazz, canción de autor e montaxes audiovisuais. A finais deste mesmo ano publica un DVD baixo o mesmo título.
Entre 2008 e 2010, coincidindo cunha publicación homónima ten lugar a súa segunda xira “A casa do poeta”, un espectáculo poético-musical no que recupera as vellas 
tradicións trobadorescas, acompañado sempre polo seu compañeiro de viaxe 
Ramón Núñez. Logo de dous anos de traballo  conxunto con Ramón Núñez preparan para o mes de agosto de 2012, o  lanzamento dun orixinal disco-libro  e unha nova xira de presentación: “A  máquina do tempo”
Todos os traballos contan sempre co  deseño e ilustración de Nuria Díaz,  coa que mantén unha relación artística paralela e coa que prepara vindeiras publicacións.
Ramón Núñez. Barrantes (Pontevedra) 1977
Desde moi novo mostrou grande interese pola música e as artes plásticas. Moitas 
das súas pinturas foron expostas en diversas salas e locais do Salnés, compaxinando esta faceta coa de compositor e músico.
No ano 2000 estréase como cantante e guitarrista do grupo de rock Fóra de ser 
vicio do que tamén é fundador, conseguindo un bo recoñemento polo público e 
gravando no 2002 o seu primeiro disco. 
Trala desaparición do grupo no 2005, continuou ofrecendo pequenas actuacións e 
gravando de xeito independente as súas  propias composicións. No ano 2006 coñece ó poeta Juan Carballo  cando éste celebraba a Volta ás Rías Galegas,  na que comezan unha relación artística e de  gran amizade. No 2007, Ramón Núñez é un 
dos convidados especiais no espectáculo  Elaborando o meu o delirio e meses despois, 
comeza acompañando e amosando as súas  cancións de xeito habitual en A Casa do Poeta (2008-2010)

Ningún comentario: