16 de ago. de 2012

ANGEL OLIVEIRA VAI ADESTRAR EN ARABIA SAUDÍ

A emigración chega ata o deporte cambadés. Angel Oliveira ex adestrador do Cambados entre outros equipos acaba de facer efectiva a sua fichaxe como adestrador dun equipo de Arabia Saudí. En cocreto trátase do Al Ittihad un dos equipos punteiros dese país. Da man de Raúl Caneda adestrador da primeira plantilla do equipo saudí, Oliveira farase cargo do filial. Na
aventura irá acompañado do vasco Beñat San José tamén coñecido de Caneda do seu paso pola R. Sociedad de San Sebastián.
A parte de levar o equipo sub-23 Oliveira e San José faranse cargo da coordinación do futbol base do Al Ittihad e axudarán a Caneda co primeiro equipo.
Segundo dixo Oliveira este é un paso na sua carreira de adestrador e amósase moi ilusionado co proxecto.
O equipo sub-23 compite nunha liga de filiais no que en principio é etapa de formación cara a competir no primeiro equipo. Lembremos que o Al Ittihad estivo hai mes e pouco preparando a sua participaciónna Champions asiática en terras arousáns xogando dous partidos contra equipos da nosa zona e que tivo momentos de tensión pois Raúl Caneda chegou a presentar a sua renuncia ao cargo de adestrador. Renuncia que non foi considerada polo dono do equipo que cesou na presidencia a o seu irmán e Presidente do conxunto árabe para arranxar a polémica.
Hoxe mesmo tiña pensadoOliveira en ir a Madrid para arranxar os temas do visado i emprender viaxe cara Jeddah nos próximos dias.
Dende aquí desexarlle sorte ao cambadés na sua aventura, sorte que non tivo na sua última etapa coma adestrador.
Nova recollida integramente de CAMBADOS XUSTO.


Ningún comentario: