16 de ago. de 2012

O ACTOR CAMBADÉS-SUECO MATIAS PADIN VARELA NA WIKIPEDIA

Esto é o que pon na wikipedia do noso xa famoso actor e paisano:
"Matias Padin Varela é un actor sueco , máis coñecido por interpretar a Miguel Santos en Nya tider.
Matias fala con fluidez español, sueco, inglés, portuges e galego.
É moi bo amigo dos actores Gustaf Skarsgård e Joel Kinnaman, a quen coñece desde que eran nenos.
Co seu gran amigo Edu Chuchu
No 2000 uniuse ao elenco da serie Nya tider onde interpretou a Miguel "Mischa" Santos.
No 2010 apareceu na película Snabba Cash onde deu vida ao inmigrante chileno Jorge Salinas Barrio xunto a Joel Kinnaman. No 2012 interpretou de novo a Barrio agora en Snabba Cash II.
No 2011 interpretou a Jorge Chavez na película Arne Dahl: Misterioso, un ano despois interpretou de novo a Chavez agora na película Arne Dahl: Ont blod e nas miniseries Arne Dahl: De största vatten e en Arne Dahl: Europa Blues.
No 2012 anunciouse que Oliver se uniría á terceira tempada da serie The Borgias onde interpretará ao Rei Ferdinand de Naples. A terceira tempada estrearase no 2013.
Ese mesmo ano aparecerá na película Fjällbackamorden: I betraktarens öga onde interpretará a Bo Hamrin xunto a Sofia Zouagui. E en Snabba Cash III onde volverá interpretar a Jorge Salinas Barrio."
Continua coa súa filmofrafia.


Cando ten tempo Matias ven a cambados e anda que esta "panda".
Nun Albariño pasado na Leria.





Ningún comentario: