16 de ago. de 2012

“ROMA NON PAGA A TRAIDORES”, LOUZÁN SI.

O BNG DE PONTEVEDRA DEMOSTRA CON DATOS QUE LOUZAN PAGA FAVORES A UN TRANSFUGA DE CONDOMAR
"Roma non paga traidores" 
VIRIATO
A presente historia enmarcámola no período na cal Roma pretendía facerse co dominio da Peninsula. Os romános loitaban contra Cartago polo control do Mediterraneo, mentres na outra parte da peninsula, na actual Portugal un pobo autoctono dos iberos, os lusitanos, enfrontábanse ao poder de Roma. 
O que hoxe é a Peninsula Iberica, era coñecida como Iberia polos gregos, mais tarde os romanos a denominarian Hispania, e de aquí a España non hai mais que un paso. 
Por aquel entón o que hoxe é Portugal e parte de Estremadura, habitábano un pobo de pastores, os lusitanos, que loitaban contra o poder de Roma, pola simple supervivencia da súa forma de vida, das súas terras e a súa independencia. 
Non sabemos os motivos exactos, pero o caso é que o pretor románo Galba tendeu unha trampa aos xefes lusitanos facendo unha escabechina entre eles. Desta traizón nacería un personaxe que se faría famoso en toda a Peninsula Iberica; o seu nome Viriato (Viriathus). Non se sabe o seu lugar de nacemento, pero se cre que sería sobre o 180 a.c. sendo asasinado polos romános no 139 a.c. 
ASASINATO DE VIRIATO
Na escola nos enseñarón que Viriato era un pastor lusitano que venceu aos romanos en repetidas ocasións, certamente asi debeu ser, pero tamén demostrou ser un estratego de primeira orde, establecendo unha guerra de guerrillas que unido ao coñecemento do terreo, e á mobilidade das súas guereros, permitiu vencer un tras outro a todos os xenerais romános que lle ían enviando. 
Asi durante o período do 147 ao 139 antes de Cristo, venceu sucesivamente a Cayo Vetilio, Cayo Plancio, Unimanus e Cayo Nigido, todos enviados por Roma para aniquilalo. Por útlimo Serviliano Cepión chegou a un tratado de paz con Viriato, pero o senado de Roma non quixo ratificalo e así Marco Pompilio Lenas subornou a Àudax, Ditalco e Minurus que foran enviados por Viriato ao campamento rómano para asinar a paz. 
Á volta dos traidores ao campamento de Viriato, estes o matarón mentres dormia. 
Cando os asasinos fuerón en busca da recompensa prometida por Marco Pompilio, o consul Escipión ordenou que fosen executados por traidores, á vez que lles decia "Roma non paga traidores". 
MANUEL GOMEZ
E diredes vos: A que ven todo isto?. Pois isto ben a este non é o caso de Louzán xa que segundo o concelleiro de Patrimonio Histórico, o nacionalista Luís Bará, apuntou a que a contratación dunha exposición de motos históricas do museo foi resultado dunha xestión persoal de Louzán para pagar favores políticos ao dono das máquinas -o concelleiro tránsfuga de Gondomar Manuel Gómez- e ademais engadiu que o fillo de Gómez foi contratado pola Deputación un mes despois de que se confirmase a moción de censura de 2009, e que recentemente aprobou oposicións no ente provincial.
"Pódese establecer unha relación de causa e efecto, pero pode ser casualidade", ironizou Bará. . 
LOUZAN CO TRANSFUGA E O SEU FILLO
A contratación da que sospeita o edil está referida ao chamado Programa Diagnósticos Comerciais e Asesoramento Individualizado en Visual Merchandising, no que o vástago de Gómez figura como programador do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación. A oposición á que fixo referencia, na que obtivo un posto de programador informático, é do pasado outono. Gómez fillo foi o único en superar o primeiro exercicio. Sobre o seu proxenitor, recordou Bará que foi tránsfuga do PSOE e agora é o único edil de Iniciativa por Gondomar, un grupo "crave para a maioría do PP". Chamou a atención sobre unha foto, tomada na inauguración da mostra, na que Louzán pousou a lombos dunha motocicleta da II Guerra Mundial xunto aos dous Gómez, acompañados da deputada provincial do PP Ana Isabel Vázquez á metralleta nun sidecar. Louzan si paga os traidores, e parece ser que moi ben.

PARTE DA NOVA,  RECOLLIDA DE EL PAIS”



1 comentario:

sandra dixo...

hola primo moi instructivo este post, esta claro que os favores a estos nivlees paganos sempre, pola conta que lles ten.