15 de ago. de 2012

CRISIS, WHAT CRISIS?

Habia un grupo  nos meus tempos mozos que se chamaba Supertramp, eran  moi bos, no ano 1975 publicaron un LP titulado “Crisis,
What Crisis”, a portada podela ver nesta nova un pouquiño cambiada, pois o protagonista da mesma é o noso alcalde,  que  é un  tipiño que non deixa de sorprender a propios e estraños, pois cinguíndonos a estes oito primeiros meses do ano , os que vivimos en Cambados sabemos que hai crisis pola rebaixa que temos no soldo, polos fillos parados que temos na casa , o pola carestía da vida que cada vez e máis directamente proporcional a baixada dos nosos soldos, ben, os de Cambados que non somos do PP,  porque  para estes non hai , ao parecer, problema ningún.  
Sen mais o tema estrela o Pinal  de Maza onde podemos ver como se amasan grandes fortunas coa anuencia e permiso de Luís Aragunde de facer obras sen permiso sen ningunha clase de problema sempre que sexas do PP, o mesmo tempo que lle damos todas as obras da vila a unha empresa de Cambados que me parece que se llama CCS, coa cal tamén está relacionada dunha xeito ou doutro o noso querido Alcalde o mesmo tempo que esta empresa tamén está relacionada co Pinal de Maza a través dunha comunidade de bens, con tal de sacar cartos de onde sexa asociámonos todos. 
Logo segundo as actas de goberno de febreiro a maio gastase polo concello mais de 8.000 euros en comidas,  para por certo na maioría dos casos,  darlle de comer a Directores Xerais de distintos organismos que xa veñen remunerados con dietas e locomocións. E que dicir do xantar do Albariño onde o noso Alcalde invitou a preto de 600 persoas polo morro cando dixo que ía a “apertarse o cinto”( a verdade é que poucos buratos lle quedan). E xa non meto nos temas dos asesores e soldos , tan repetido neste blog, xa sabedes todos que o soldo de Alcade a tres asesores personais costanos a todos os Cambadeses mais de 12.000 euros o mes, sobre tres mil euros o asesor xurídico, sobre dous mil euros un arqueologo municipal., os museos un verdadeiro desastre, once empregados dos cales só dous traballan nos mesmos “os demais onde carallo están?".
 E o de Julio Iglesias iso si que vai traer cola, sabedes canto custou o palco que houbo na praza de Fefiñans nas festas do Albariño, só o palco, pois xente especializada fannos saber que custou uns 7.000 euros día o sexa a frioleira de 56.000 € só de palco repito, os que hai que engadir  43.000 que custou a gala do xoves, mais 50.000 de gastos  extra do concerto de Julio Iglesias (seguridade, valado etc, aínda esta por ver quen lle pagou o artista xa que o recaudado non chegou) iso sen contar o que custou Macaco e Xoel Lopez do que nos enteraremos mais tarde  pero botándolle polo pouco seguro  que cobraran 30.000 euros entre os dous,  estamos nunha cifra esperpéntica preto dos 180.000 euros. E por si non fora pouco mercamos unha estatua para agochala practicamente dentro dun pazo por valor de 40.000 euros, iso si aforramos no traslado xa que axudou a confraría de Cambados (non foi desmentida por ningén a nova publicada neste blog, polo tanto o que cala otorga), e disque estamos en crise, é evidente que a Aragunde e os seus secuaces algún deles moi activo no facebook meu, pasan da crise, mentres en Cambados a plena luz do día podemos ver a xente como recolle comida nos contenedores do lixo dos supermercados . ¡¡¡Vivir para ver!!!








3 comentarios:

Anónimo dixo...

DAME PAN E CHÁMAME CAN ( AINDA QUE SEXA RABIADO) MENTRAS A ESTA XENTE QUE COBRA DOS NOSOS IMPOSTOS NON SE LLE APRETEN AS COSTAS ESTAMOS TOCADOS DO CARALLO. E VOX POPULI TODO ESTO PERO SEGUEN O SEU, A TOMAR O RESTO DOS MORTALES POR ESTÚPIDOS.SOLO UN POUCO DE XUSTICIA E O QUE PIDO, PERO DA DE VERDADE.

maribel dixo...

Chon sabes seguro que o arqueólogo municipal cobra unha mensualidade fixa ao mes. Ou cobra polos informes que lle pidan?

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Cada meses presenta un factura polos seus "traballlos??"