Mañán mércores, 15 de agosto ás 22:30 h Treixadura presentará na praza de España de Pontevedra, coa Coral Cantigas e Agarimos como convidados especiais para esta
ocasión, o seu novo traballo discográfico “Esa si que é muiñada” no que a propia coral participou. Este concerto enmárcase nas Festas da Peregrina 2012 e forma parte dunha xira de presentacións deste traballo que xa levou a Treixadura por diferentes cidades e vilas de Galicia e que se prolongará ata o outono/inverno.

![]() |
Cantigas e Agarimos |
“Esa si que é muiñada”. (Treixadura, 2011) É un traballo que pretende revivir a música e os cantos populares que aínda se agochan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural.
Menos mal que hai alcaldes con dous dedos de fronte e saben combinar a msuica actual coa música traudicional como é caso do amigo Lores en Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario