14 de ago. de 2012

O BNG DE CAMBADOS PIDE MELLORAS NA RÚA CARREIRA

O Blog do BNG de Cambados ven de publicar a derradeira  solicitude  por parte do seu voceiro Victor Caamaño, que non descansa nin en vacacións, sobre a seguridade dunha rúa moi concurrida da nosa vila, vennos de dicir Victor que a Rúa Carreira, no barrio de Fefiñáns é o camiño máis curto e o que
conecta máis directamente o núcleo do casco histórico deste barrio coa zona das instalacións deportivas do Pombal e que por esta razón resulta moi utilizada polos usuarios/as destes servizos deportivos. 


O gran problema desta rúa, tan utilizada por nenos/as e xente moza así como polos veciños e veciñas, é a carencia dunha beirarrúa que protexa aos peóns dos vehículos que circulan por ela xa que teñen que compartir o mesmo espazo viario co conseguinte perigo para os viandantes. Que aínda que esta rúa non é de moita anchura, ao ser de sentido único, aceptaría certas modificacións que mellorarían a seguridade viaria; polo que ven, no día de hoxe a solicitarlle o ínclito do noso alcalde que o concello teña a ben facer as modificacións urbanísticas axeitadas na Rúa Carreira para construír ou delimitar beirarrúas nalgunha das súas marxes que permitan que os peóns que se desprazan entre o núcleo de Fefiñáns e a zona deportiva do Pombal o fagan coa máxima seguridade viaria.


Ningún comentario: