14 de ago. de 2012

XXVIII ABERTO INTERNACIONAL DE XADREZ EN CAMBADOS

Entre os días 20 e 28 de Agosto vaise celebrar en Cambados, concretamente no I.E.S. Ramón Cabanillas o XXVIII Aberto Internacional de Xadrez de Cambados, previamente haberá
o día 18 de Agosto ás 12.30 horas a presentación oficial do mesmo no Parador de Cambados. 
Marcos A. Costa
Como di o presidente do  Club Xadrez Albariño Marcos A. Costa Fuentes , este torneo  e o decano dos que se celebran no noso país, Galicia,  e converte a nosa vila na Capital do Xedrez durante as referidas datas. Para aparte de darlle a Marcos os meus parabéns pola labor que durante corenta anos, precisamente este ano cumpre esta aniversario xa que o club se fundou en 1972,  darlle tamén os meus parabéns polo exquisito libreto que cada ano fai con motivo do torneo. Marcos mistura Xadrez  e Cultura no mesmo libreto,  cunhas colaboracións de categoría, coas cales poderás estar mais ou menos de acordo, pero todas de especialistas contrastados, así podemos ver colaboracións da Psicóloga Rebeca Costa Trigo, do arbitró internacional de xadrez Juan Bautista Aranzabe Balciscueta, do periodista Benito Leiro, do médico Isidoro Pintos, do sumiller e hostaleiro José Luis Aragunde, do escritor Ramón Caride, do historiador e politico Domingo Tabuyo, do biólogo e político Vítor Caamaño, do profesor Hernando Martinez, de Luís Vaqueira Valdés e do erudito e profesor Manuel Núñez Perez. Un libreto que gardo todos os anos porque son unhas xoias, e este vez algún que outro artigo polo seu valor aparecerá publicado integramente neste espazo web.  A verdade que paga a pena velo, non é o tipico libreto que todos son anuncios  senón que unha vez lido un ten a sensación de haberse “enchido” un pouco de nosa cultura. Reitero os parabéns Marcos.





Ningún comentario: