14 de ago. de 2012

AS MARISCADORAS DE CAMBADOS NOVAMENTE PROTAGONISTAS NUN MEDIO DE PRENSA ESTATAL.

Hoxe as mariscadoras de Cambados volven a ser protagonistas no peridico de tirada estatal “El País”, cun artigo titulado “A pesca reconvirtese o Turismo” onde nos conta como as mariscadoras de Cambados foron as pioneiras de aplicar o turismo a súa profesión por medio da asociación Guimatur dependente da Asociación de Mariscadoras de Cambados. a presidente de Guimatur e a concelleira do BNG Maria Xosé
Cacabelos (foto que encabeza o artigo), muller traballadora sen igual a quen as súas múltiples actividades apenas lle deixaran horas libres o cabo do día.
María Xosé Cacabelos, presidenta de Guimatur admite no artigo que non teñen grandes ingresos. “En Cambados, aos ingresos por visitante tres euros por escolar e cinco para os turistas réstanselles os gastos do seguro que contratan por se ocorrese algún contratempo no porto,  e das bolsas que as redeiras da zona elaboran con cunchas para obsequiar aos visitantes".Pero hai remuneracións que non só se pagan con diñeiro. “Para nós tamén é importante pór en valor o noso traballo, continua dicindo Maria Xosé, dalo a coñecer e demostrar que o mar non é só cousa de homes, que as mulleres temos un papel moi importante”. Ademais, para ela as visitas que chegan a Cambados polo reclamo do mundo pesqueiro axudan a “dinamizar” a vida económica do municipio arousán. E a afluencia cada vez vai a máis. Se o primeiro ano Guimatur recibiu 300 visitas, en 2011 foron 3.000. Podes ter acceso o artigo completo premendo AQUÍ.



Ningún comentario: