14 de ago. de 2012

CONCERTO DE “CORDAS O AIRE” E “FENTOS” NO PAZO DE TORRADO DE CAMBADOS

O vindeiro venres 17 de Agosto, ás 21.30 horas vai ter lugar un concerto de música clásica a cargo dos grupos “Cordas o Aire” e “Fentos”, do Conservatorio de Música de Pontevedra, pero do que forman parte alumnos de Cambados. “Cordas o Aire” están
dirixidos por Diego Aperador e compoñen o grupo Diego Cancela Carro, Sara Trabazos, Verónica Noya, Inés Portela, Julio Hermida, Lourdes Olbés e Marina Hermida. 
Xa actuaron en Cambados, cun cheo espectácular o pasado 26 de xullo dentro dos xoves musicais organizados por Modesta Padín, no marco incomparabel da Igrexa de Fefiñans. Dende logo o Pazo de Torrado non é lugar mais axeitado para escoitar este tipo de música pero tamén hai que sacala a rúa. Teranse que dar algo de presa os músicos a hora de actuar pois para as 22.30 horas  está previsto no mesmo lugar dentro do cilo “Cine na Rúa” a proxección da pelicula “As aventuras de Tintin, o segredo do unicornio”. Podes apreciar a calidade músical de “Cordas o Aire” nun video ó que podes acceder premendo AQUÍ.


O Cambadés diego Cancela Carro.

Ensaiando no Concervatorio de Pontevedra.






Ningún comentario: