27 de ago. de 2012

CURIOSA FOTO

Dende logo e ben certo que a Volta está a dar que falar tanto para ben como para mal, e tamén xa nos está empezando a deixar
imaxes un tanto curiosas, como a foto que ilustra esta nova que foi feita hoxe mesmo no Cimiterio de Fefiñans, onde case enrriba colocaron dende a Deputación un cartel que reza  “Por aquí pasa a volta”, mais ben haberia que poñer neste caso “Por aquí pasou a volta”.


1 comentario:

CORES DE CAMBADOS dixo...

Mellor decir por aqui non paso ata a voltahi