27 de ago. de 2012

O ALCALDE BAIONA, DO PP, OUTRO BOTARATE COMO O DE CAMBADOS

NON Á MEDALLA DE OURO A MANUEL FRAGA. PARTICIPA DA CONCENTRACIÓN DE GALIZA NOVA!
Parace ser que esta de moda esto de homenaxear os fascistas, Louzán seguro que anda detrás de todo isto,  e por
iso Galiza Nova vén de convocar unha concentración para rexeitar que o Concello de Baiona adique a súa Medalla de Ouro a Manuel Fraga. Será este martes 28 de agosto a partir das 19:45 horas diante da Casa Carvajal (fronte ao peirao, rúa Ventura Misa) en Baiona, coincidindo co acto de entrega do máximo galardón do concello á familia Fraga.
Lembremos que esta medalla aprobouse conceder a Fraga no ano 2000 polo goberno municipal, co BNG sempre en contra. O motivo de que se lle entregue 12 anos despois non é que Fraga se negara a recibir galardóns, mentres fose presidente, como falsamente se está a difundir. O motivo principal polo que daquela Fraga non aceptara recibir a medalla, foi porque o PP non estaba na alcaldía naquela altura, malia o pactado co alcalde independente. 
Doce anos despois, o PP no goberno municipal rescata esta polémica medalla para celebrar unha festa a modo de fin de verán cos seus afíns, ignorando a mínima ética e o destino dos cartos que custa esta celebración a necesidades máis importantes da mocidade de Baiona e a súa veciñanza. 
Galiza Nova vén amosando ao longo de Galiza o seu rexeitamento ás homenaxes de concellos e demais institucións públicas a unha persoa que foi dirixente da ditadura fascista de Franco, (o final lembremos foron os que convocaron oficialmente a manifestación contra a estatua de Fraga en Cambados) así como máximo responsábel da negativa xestión que padeceu a mocidade galega nos anos de presidencia de Fraga na Xunta. Manuel Fraga non conta co apoio de boa parte da cidadanía como para merecer o recoñecemento social que o Concello de Baiona vai realizar. E dende Galiza Nova non van  ficar parad@s! 



Ningún comentario: