19 de ago. de 2012

"CURSOS DE PROTOCOLO PRÓXIMAMENTE EN CAMBADOS"

Cambados Xusto é un blog cunha actividade frenética, critico  e a vez ecuanime  co Concello de Cambados, ve a politica dunha forma parecida que non igual como a vexo eu, pero
nembargantes neste artigo que titula “CURSOS DE PROTOCOLO PROXIMAMENTE EN CAMBADOS”, estou completamente dacordo con él, de seguido o reproduzo integramente: 
Publicaba hai uns dias o blog “A TI MEU CAMBADOS” a discriminación que sufrían os dous grupos da oposición cambadesa por parte de case todas as asociacións, comisións de festas, clubes deportivos e mesmo polo Concello pois case nunca eran convidados a actos especiais organizados por estas. Tan so a comisión de festas das Angustias fora quen de convidalos o ano pasado. Da Confraría mellor non falar.
Outra cousa é que despois asistan ou non.
No que vai de ano, e segundo as miñas fontes, tan so recibiron invitación para unha procesión da Semana Santa, cursada polo párroco D. José Aldao. Os dous torneos xogados polo C.J. De Cambados estes dias, invitación cursada pola directiva do clube encabezado por Sergio González “Millán” e a inauguración do rastrillo benéfico das Amas de Casa “Albariño”, onte.O Refugio de Animales tmaén ten convidado a oposición. Das parroquias non podo falar pero algunha asociación si convidou a oposición a eventos organizados por eles.
Por exemplo o “Xuventude de Baloncesto” que esta tempada consigueu xogar a fase de ascenso e no partido decisivo non foi quen de convidar a oposición pero si a Felipe Suárez que tivo un lugar no palco de autoridades. Non me parece normal non facerlle un sitio a un membro de cada partido e si facerllo a o sr. Suárez. Entendo que como agora non ten en Vilagarcía un equipo sénior de categoría nacional adique o tempo, que lle negou tantos anos, a o “Xuven”. Si había sitio para Felipe Suárez tamén podía facerse para duas persoas máis. En este tema a directiva de Jorge Castiñeiras debía tomar exemplo da do Juventud de Cambados.
E as comisións de festas exemplo da comisión das Angustias e Cambados Zona Centro tomar exemplo da Asociación de Amas de Casa. 
Teñen que pensar que cando invitas a oposición estás invitando a representantes de moitos cambadeses que non se sinten representados polo grupo de Governo.
Entre eses representantes do PP algunha que se pasou un partido de fútbol enteiro xogando co seu teléfono móbil igualiño que fai nos plenos nos que so xoga co teléfono e levanta a man cando dende o seu grupo así o requiren. Ou outro que se queda a durmir nos plenos, ou un terceiro que tamén xoga co móbil e cando se aburre sae a fumar o pitillo, mentras no Salón de Plenos se debaten temas importantes para o noso pobo.
En Cambados, que tantos expertos en protocolo temos, deberían facer cursiños para todos pero sobre todo para todo aquel que queira ter un posto en algunha directiva sexa do que sexa.
Fotos e texto recollido de "Cambados Xusto"

Ningún comentario: