19 de ago. de 2012

O MESTRE CAMBADÉS XAQUIN XESTEIRA DARÁ UN CURSO DE GAITA EN SALCEDO DE CASELAS

Xaquín Xesteira Losada (Treixadura) será o mestre encargado este ano da sección de gaita no II Curso de Música e Baile do Concello de Salceda de Caselas que se celebrará o 6 e 7 de
outubro. Nestes días irémosvos presentando os mestres das demáis seccións (canto e pandeireta, baile e percusión).
. Contaremos con catro especialidades:
* Curso de gaita .
* Curso de percusión .
* Curso de canto e pandeireta 
* Curso de baile tradicional 
Os cursos terán unha duración de 12 horas repartidas entre o sábado 6 e o domingo 7 de outubro, cos seguintes horarios:
* Mañá de 10:00 a 13:30 con unha pausa de media hora
* Tarde de 16:30 a 20:00 con unha pausa de media hora
O prazo de matrícula estará aberto ata que se completen as prazas. As prazas son limitadas, podendo cada alumno anotarse nunha única especialidade.
Para obter máis información os interesados han de dirixirse á Concellería de Cultura do Concello de Salceda, á Casa da Cultura Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (tfno. 986340543) ou por correo electrónico en cultura@salcedadecaselas.es. 
E unha magoa que teñamos un gaiteiro impresionante en Cambados, dos mellores da noso pais, e o noso alcalde Luis Aragunde o descrimine por razóns meramente politicas e os nosos nenos non poidan aprender a gaite deste mestre universal no conservatorio de música da nosa vila.


Ningún comentario: