23 de ago. de 2012

É REALMENTE NECESARIA A COMPORTA DE TRAGOVE?.

Portos ultima a tramitación para adxudicar a obra da comporta 
O ente presidido por José Juan Durán espera concluír nas
próximas semanas o proceso de contratación da obra para cumprir co prometido: adxudicala ao longo deste ano. 
Onte informou de que está ultimando os trámites previos e recordou a existencia dunha partida económica nos orzamentos deste ano para sufragala. En base ás últimas informacións aparecidas sobre este proxecto, trataríase duns 100.000 euros pero está previsto habilitar unha segunda cantidade con cargo aos orzamentos de 2013, que ascendería aos 334.000 euros.
O proxecto xerou gran rexeitamento entre un bo número de mariscadoras, políticos e ecoloxistas, con todo, tanto o Concello como a Confraría San Antonio atribúenlle importantes beneficios socio económicos, a te o de agora ningún de les sin demostrar como fan sempre . 
O Alcalde o Patrón maior o que teñen e moita palabreria barata. O BNG de Cambados esgrimeu xa documentalmente que esta comparta acaria co marisqueo en Cambados.
Esgrime Portos de Galicia, que posibilitará manter o nivel adecuado de auga para optimizar a actividade marisqueira e, ao mesmo tempo, facilitar unha habilitación futura de instalacións náutico recreativas.
Existe o compromiso de que a comporta empece a funcionar cando o saco estea totalmente saneado, de momento non hai nada de nada.. De feito, a Consellería de Medio Ambiente, investirá 1,6 millóns en dúas fases, con tal propósito. A primeira, segundo anunciou o conselleiro Agustín Hernández en xuño, ía comezar de inmediato.
Moita xente pensa que coa que está canido esta obra é completamente inutil.
A desfeita do Saco de Fefiñans xa foi motivo da manifestación das mariscadoras de Cambados.
O portón parecido a este é que se intenta instalar en Tragove.



4 comentarios:

Anónimo dixo...

Sin dubida ninguna a miña opinion e SI.

Anónimo dixo...

Son Benito Pelea:
Sen dúbida ningunha a miña opinión é NON.

Anónimo dixo...

Cal dos dous e Benito Pelea, o darriba ou o de abaixa, eu inclinome mais polo de arriba.
Luis Aragunde.

Anónimo dixo...

benito o pelea e mais o alcaldiño de todos cambadeses( menos de cuñarro) esta moy ocupado chupando do bote na festa da pastora,ali detras no reservadiño